Lábaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Aquila heliaca
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 5:
O '''lábaro''' é un [[monograma]] empregado polas [[lexión]]s romanas despois da vitoria de [[Constantino I o Grande]] na batalla da [[Ponte Milvio]] sobre [[Maxencio]] no ano [[312]]. O monograma consiste na utilización das dúas primeiras letras da palabra [[Cristo]] en [[lingua grega|grego]] e sobrepostas entre si. A letra X ([[khi]]) e a P ([[rho]]), como unha abreviatura de [[XP(IΣTOΣ)]], nome de [[Xesucristo]].
 
Á substitución das vellas [[Aquila heliaca|aguias imperiais]] nos [[estandarte]]s romanos por [[Constantino I o Grande|Constantino]] un día antes da batalla contra as tropas de [[Maxencio]] polo ''lauburun''labarum déuselle unha explicación milagreira. Segundo [[Lactancio]], que fora preceptor e titor do fillo do emperador, [[Crispo]], e no seu libro ''Mortibus Persecutorum'' [[Constantino I o Grande|Constantino]] soñou o día antes da batalla cun símbolo e cunha voz que lle dicía ''in hoc signo, vinces'' ("con este signo vencerás"), e mandou preparar os escudos dos seus lexionarios e os seus estandartes co símbolo soñado.
 
Pero [[Eusebio de Cesarea]], bispo que escribiu unha historia da Igrexa primitiva, dálle dúas explicacións. A primeira delas é que, moito antes da batalla, o emperador tivera unha visión na [[Galia]], camiño de Roma e as verbas que ve nesta visión, traducidas, "con isto, triunfo". A segunda versión dos feitos dáa no seu libro ''A vida de Constantino'', e dálle pulo á visión conxunta. O día antes da batalla, o exército encoméndase aos seus diversos deuses para lles axuden na loita. Pero mirando o ceo, Constantino e mailo seu exército ven a visión da cruz. Esa noite Constantino tivo o soño da aparición de [[Cristo]], no que lle encomendaba usar nos escudos dos seus soldados o símbolo soñado, dicíndolle as verbas xa coñecidas de ''in hoc signo, vinces''. Non se sabe se foi un milagre, pero o que si parece estraño é que 40.000 homes gardasen silencio sobre este feito, aínda que Eusebio dá conta de que [[Constantino I o Grande|Constantino]] falaba del a quen o quería escoitar.
 
Tres anos despois da batalla, erixiuse o [[Arco de Constantino]] en [[Roma]], e nos gravados non aparece o ''lauburum'', mentres que si hai alusións ao "''Sol Invictus''" que non é outro que [[Apolo]], do que era seguidor, e xa aparecía nas primeiras acuñacionscuñacions de moedas de Constantino. Máis tarde, si que comeza a aparecer no anverso das moedas do emperador e doutros emperadores posteriores.
 
Outras orixes do lábaro é o seu uso polas lexións romanas están no [[lábaro cántabro]] e o [[lauburu vasco]], aínda que non teñen fontes que as apoien.
 
== Etimoloxía e evolución ==
Aínda que a súa orixe é moi discutibeldiscutíbel, dáse por feito que a súa etimoloxía procede da verba latina ''laureum'' ([[loureiro]]), mentres que outros o ligan ao termo [[celta]] *''lab(a)ro''- 'elocuente' que está na orixe do [[Lingua galesa|galés]] moderno ''llafar'' (falar)<ref>cf. Matasović, Ranko: Etymological dictionary of Proto-Celtic. Leiden Indo-european etymological disctionary series. 9. Brill ISBN 978 90 04 173360 1</ref>.
 
O certo é que dende aquela asociouse ao cristianismo e á súa simboloxía. Agás para a corrente [[restauracionismo|restauracionista]], que afirma a súa orixe pagá, pola falta do seu uso antes do [[século III]], onde aparece nos cadaleitos cristiáns. Pero parece ser de orixe cristiá, xa que [[Xuliano o Apóstata]] o fai desaparecer dos seus estandartes, pero é de novo restaurado polos emperadores cristiáns posteriores.
Liña 21:
 
Na época medieval, especialmente na [[Alta Idade Media]], ambas as cruces unifícanse e amplíanse, dando lugar ao actual [[crismón]], onde aparece a alfa en maiúscula e a omega en minúscula. Engádeselle o S na parte baixa do brazo vertical, que representa o [[Espírito Santo]].
==Notas==
 
{{listeref}}
{{Control de autoridades}}