Río Missouri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 261:
A inicios do século XIX, os cazadores e trampeiros de peles entraron no extremo norte da conca do Missouri coa esperanza de atopar poboacións de [[Castor americano|castor]] e de [[lontra|lontra de río]], cuxa venda de peles conduciu o próspero [[comercio de peles de América do Norte]]. Viñan de moitos lugares diferentes, uns das corporacións de pel canadenses na [[baía de Hudson]], algúns desde o noroeste do Pacífico (véxase tamén: [[comercio marítimo de peles]]), e algúns do [[Medio Oeste]] de Estados Unidos. A maioría non quedaron na zona durante moito tempo, xa que non lograron atopar recursos significativos.<ref>{{Cita web |url=http://lewis-clark.org/content/content-article.asp?ArticleID=2970 |title=Manuel Lisa's Fort Raymond: First Post in the Far West |publisher=The Lewis and Clark Fort Mandan Foundation |work=Discovering Lewis and Clark |accessdate=18 de outubro de 2010}}</ref>
 
Os primeiros informes entusiastas de que si había un país rico con animais para ser cazados produciuse en 1806 cando [[Meriwether Lewis]] e [[William Clark]] regresaron da súa expedición de dous anos. As súas publicacións describían terras ricas con miles de bisontes, castores e lontras de río; e tamén unha abundante poboación de [[Lontra mariña|lontras de mar]] na costa do [[Noroeste do Pacífico]]. En 1807, o comerciante de peles [[Manuel Lisa]] organizou unha expedición que levaría ao crecemento explosivo do comercio da pel nas rexións do Alto Missouri. Lisa e a súa partida remontaron os ríos Missouri e Yellowstone, comerciando coas tribos nativas locais intercambiando artigos manufacturados a cambio de peles. Estableceron un forte na confluencia dos ríos Yellowstone e un dos seus afluentes, o [[río Bighorn]], no sur do actual estado de Montana. Aínda que o negocio comezou sendo pequeno, rapidamente converteuse nun próspero comercio.<ref>{{Cita web |url=http://www.history.com/this-day-in-history/fur-trader-manuel-lisa-dies |title=Fur trader Manuel Lisa dies |publisher=A&E Television Networks |work=This Day in History |accessdate=18 de outubro de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100308043436/http://www.history.com/this-day-in-history/fur-trader-manuel-lisa-dies |dataarquivo=08 de marzo de 2010 |urlmorta=si }}</ref><ref>{{Cita web |url=http://lewis-clark.org/content/content-article.asp?ArticleID=2868 |title=Post-Expedition Fur Trade: "The Great Engine" |publisher=The Lewis and Clark Fort Mandan Foundation |work=Discovering Lewis and Clark |accessdate=19 de outubro de 2010}}</ref>
 
No outono de 1807, os homes de Lisa comezaron a construción de [[Fort Raymond]], que estaba asentado sobre un cantil con vistas á confluencia dos ríos Yellowstone e Bighorn. O forte serviría principalmente como posto comercial para o troco cos nativos polas peles.<ref>Morris, pax. 40–41</ref> Este método era diferente ao do comercio de peles no Noroeste do Pacífico, que involucraba a cazadores contratados por distintas compañías peleteiras, principalmente pola [[Compañía da Baía de Hudson]] e a [[Compañía do Noroeste]]. Fort Raymond foi substituído máis tarde por [[Fort Lisa (Dacota do Norte)|Fort Lisa]] na confluencia do Missouri e o Yellowstone en Dacota do Norte; un segundo forte, tamén chamado [[Fort Lisa (Nebrasca)|Fort Lisa]], foi construído augas abaixo no río Missouri en [[Nebrasca]]. En 1809 fundouse a [[Missouri Fur Company|St. Louis Missouri Fur Company]], tendo como socios a Lisa, William Clark e [[Pierre Choteau]], entre outros.<ref>South Dakota State Historical Society & South Dakota Department of History pag. 320–325.</ref><ref name="npsfur">{{Cita web |url=http://www.nps.gov/history/nr/travel/pierre_fortpierre/early_exploration_fur_trade_essay.html |title=Early Exploration and the Fur Trade |publisher=U.S. National Park Service |accessdate=19 de outubro de 2010}}</ref> En 1828, a [[American Fur Company]] fundou [[Fort Union Trading Post National Historic Site|Fort Union]] na confluencia dos ríos Missouri e Yellowstone. Fort Union co tempo será a sede principal do comercio da pel na conca alta do Missouri.<ref>{{Cita web |url=http://www.nps.gov/nr/travel/lewisandclark/uni.htm |title=Fort Union Trading Post National Historic Site |publisher=U.S. National Park Service |work=Lewis & Clark Expedition |accessdate=11 de febreiro de 2012}}</ref>