Atlas Lingüístico Románico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Romance 20c en (cropped).png|miniatura|300px|Distribución das linguas románicas en Europa]]
O '''Atlas Lingüístico Románico''' (ALiR) é un proxecto de xeolingüística supranacional que recolle diferentes mapas, cos seus correspondentes comentarios, nos que se reflicten os trazos comúns e distintivos de cada unha das [[Linguas románicas|linguas románicas]] europeas.  
 
== Orixes do proxecto ==
Liña 15:
 
*'''Ámbito galorrománico''': dentro deste dominio empregáronse o ''Atlas Linguistique de la France,'' o ''Nouvel Atlas Linguistique de la France par Régions'', o ''Atlas Linguistique de la Wallonie'' (ALW), os ''Tableaux Phonétiques des Patois Suisses Romands'' (TP) e o ''Glossaire des Patois de la Suisse Romande.''
 
*'''Ámbito italorrománico:''' para o dominio italorrománico empregáronse o ''Atlante Linguistico Italiano'' (ALI), o ''Atlas Linguistique et ethnographique de l’Italie et de la Suisse méridionale'' (AIS), o ''Atlante Storico-Linguistico-Etnografico Friulano'' (ASLEF), o ''Atlas Linguistique de la France'' (para o territorio corso), o ''Atlante Linguistico Etnografico Italiano della Corsica'' (ALEIC), o ''Saggio di un Atlante Linguistico della Sardegna'' e o ''Vocabolario dei dialetti della Svizzera italiana.''
 
* '''Ámbito íberorrománico:''' neste caso empregáronse atlas correspondentes aos diferentes dominios lingüísticos do territorio. Así, para o catalán empregáronse o ''Atlas Linguistic de Catalunya'' (ALC) e o ''Atles Lingüístic del domini català'' (ALDC); para o castelán empregáronse o ''Atlas Lingüístico y Etnográfico de Andalucía'' (ALEA), o ''Atlas Lingüístico y Etnográfico de Aragón, Navarra y Rioja'' (ALEANR), o ''Atlas Lingüístico y Etnográfico de las Islas Canarias'' (ALEICan), o ''Atlas Lingüístico y Etnográfico de Cantabria'' (ALECant) e o ''Atlas Lingüístico y Etnográfico de Castilla-La Mancha'' (ALECMan); para o galego o ''Atlas Lingüístico Galego'' (ALGa) e para o portugués foron relevantes os datos achegados polo ''Atlas Lingüístico de España y Portugal''.
 
* '''Ámbito retorrománico:''' un atlas foi empregado de xeito específico para este territorio, o ''Dicziunari Rumantsch Grischun'' (DRG).
 
* '''Ámbito rumano:''' os atlas empregados neste territorio foron o ''Noul Atlas Lingvistic Român pe regiuni,'' o ''Atlasul Lingvistic Moldovenesc'', o ''Atlasul Lingvistic Român'', o ''Atlasul Lingvisctic aromân'' e o ''Meglenorumänischer Sprachatlas.''
 
Liña 62 ⟶ 58:
 
== A base de datos do ALiR ==
Para que a información contida nos diferentes volumes do ALiR puidese ser consultada na súa totalidade dixitalmente, dende o [[Centro Ramón Piñeiro|Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]] levouse a cabo a creación dunha base de datos para o Atlas Lingüístico Románico. O proxecto está dirixido por [[Manuel González González]], coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e responsable da redacción das sínteses galegas do ALiR.
 
==Notas==