Persio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 5:
Dunha familia de orixe [[Etruscos|etrusca]] instalada en Volterra e pertencente á [[Équites|orde ecuestre]], quedou orfo a moi temperá idade e chegou a Roma aos doce anos. Alí completou a súa formación en [[gramática]] e [[retórica]] e familiarizouse coa filosofía [[Estoicismo|estoica]].
 
Aínda que non participou na vida política, moveuse nos ambientes estoicos que atacaban o goberno e a moral disoluta da corte do emperador [[Nerón]]. Morreu prematuramente no ano 62, cando só contaba 28 anos, dunha enfermidade do estómago, deixando a súa valiosa biblioteca a [[Cornuto]], quen, tras a morte do seu discípulo, fixo unha corrección das súas sátiras e encargou a edición da obra a [[Cesio Baseo]], poeta tamén e amigo de Persio, a quen está dedicada a segunda das súas [[Sátira|Sátiras]]s.
 
Pasou a súa curta vida rodeado de nai, irmá, tía e curmá coas que convivía. Se cadra pola súa curta idade ou polo peculiar da súa vida, encerrado entre mulleres e membro da familia que lideraba a oposición total ao emperador, polo seu propio carácter e a súa falta de contacto coa vida real, representa un ideal estoico moi ríxido e severo. A súa moral foi dura e simplista, dogmática; o seu programa, estoico: só é libre o sabio porque domina as súas paixóns.
 
=== Obra ===
Son en total seis [[Sátira|sátirassátira]]s, uns seiscentos versos en total. Nelas critica os vicios propios da época de [[Nerón]], pero nin coa indignación de [[Lucilio]] nin coa [[ironía]] de [[Horacio]], senón baixo a perspectiva severamente moralista da filosofía estoica do seu mestre Cornuto.
 
A primeira ataca o mal gusto literario da época e a [[censura]], diserta sobre os problemas xerais da [[poesía]] e expón as teorías literarias do autor; a segunda o abandono da primitiva relixión romana e a falsa relixiosidade imperante; a terceira trata sobre a importancia da educación e arremete contra os que abandonan o estudo da doutrina [[Estoicismo|estoica]]; a cuarta diríxese contra os aproveitados e entremetidos que se benefician do seu apelido, relacións e riquezas para faceren carreira política. A quinta diserta sobre a auténtica [[liberdade]], que só pode adquirirse mediante o coñecemento da doutrina estoica; está dedicada ao seu mestre Cornuto. A sexta trata sobre o recto uso das riquezas.
 
Persio non posuía un estro fácil: escribía con pouca continuidade e lentamente (''scriptitavit et raro et tarde'') e desenvolve exclusivamente os temas particularmente queridos para os estoicos: o verdadeiro espírito da relixión, a educación, a liberdade e o desprezo da riqueza. O estilo de Persio é escuro e difícil posto que, por máis que persiga a linguaxe coloquial, déixase arrastrar pola moda retoricista de época neroniana. A súa obra mestura discursos, [[Monólogo|monólogosmonólogo]]s, interrogacións retóricas e [[Antítese|antítesesantítese]]s e móstrase anticlásica, chea de [[Metáfora|metáforasmetáfora]]s desconcertantes e de palabras escuras. Foi moi valorado na Antigüidade ([[Tertuliano]], [[Lactancio]], [[Xerome de Estridón]], [[Agostiño de Hipona]]) e durante a [[Idade Media]], como testemuña a rica tradición manuscrita, moi probabelmente polo contido moralizante da súa obra; ademais, o [[barroco]] [[Francisco de Quevedo]] revelouse como un entusiasta seguidor e imitador da súa obra.
 
== Vexase tamén ==
Liña 24:
* Persio: ''Sátiras.''
** [http://cdigital.dgb.uanl.mx/la/1080021830/1080021830.PDF Traducidas en verso castelán por José M. Vigil].
** [http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3atext%3a2008.01.0497 Texto en inglés], con índice electrónico, no [[Proxecto Perseus|Proxecto Perseus.]]. Empregando o rótulo activo "''load''", que se acha na parte dereita, obtense axuda en [[Lingua inglesa|inglés]] co vocabulario [[Lingua latina|latino]] do texto.
* Obras de Xuvenal e de Persio, con trad. inglesa de George Gilbert Ramsay (1839 – 1921).
** [[wikisource:Index:Juvenal_and_Persius_by_GJuvenal and Persius by G._G G._Ramsay Ramsay.djvu|Mostras]] en [[facsímile]] electrónico; en [[Galifontes|Wikisource]].
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
[[Categoría:Nados en 34]]