Emanuel Swedenborg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
m →‎Legado: Arranxos varios
Liña 22:
Se en vida influíu en reis, destacados científicos e filósofos, como Newton, [[Immanuel Kant|Kant]] ou [[Voltaire]], foi despois da súa morte como consecuencia do coñecemento que naceu sobre as bases do seu pensamento, cando se notou a súa influencia nas esferas relixiosas [[masonaría|masónicas]] e terapéuticas.
 
Os escritos de Emanuel Swedenborg inspiraron grandes músicos, escritores e psicólogos nas súas obras. Entre eles os máis coñecidos foron [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]], [[William Blake]], [[Helen Keller]], [[Gérard de Nerval]], [[Thomas Carlyle]], [[Isaac Pitman]], [[Johnny Appleseed]], [[Honoré de Balzac|Balzac]], [[Richard Wagner|Wagner]], Oberlin, [[Hector Berlioz|Berlioz]], [[Ralph Waldo Emerson]], [[Charles Baudelaire|Baudelaire]], [[Paul Valéry]], [[Henry James]], [[Éliphas Lévi]], [[Samuel Hahnemann|Hahnemann]]. [[Jorge Luis Borges]] deu varias conferencias sobre o místico sueco, de quen afirmou que ''falaba cos anxos polas rúas de Londres''.<ref> [http://elpais.com/elpais/2017/03/17/opinion/1489754046_890523.html Condena]</ref> [[Carl Gustav Jung]] debuxou a inspiración da súa «psicoloxía das profundidades» nos ''Misterios Celestiais'', que inflúe polos seus estudos en toda a psicoloxía moderna.
 
Algúns servíronse dos escritos de Swedenborg e achacáronlle que só tiña como finalidade o [[espiritismo]], mentres que Swedenborg soamente practicaba o espiritismo para convencer, e non sen reticencias, coñecendo ben os peridos desas prácticas. Así, estes grupos lanzaron un descrédito importante contra Swedenborg e os seus escritos, mesturándoo coas súas prácticas sectarias.