Carl von Linné: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
achego referencia que faltaba dende en.wiki
Liña 299:
En Hammarby a colección privada de Linné sufriu seriamente a humidade e a depredación dos ratos e insectos. O fillo de Linné, Carl Linnaeus, herdou a colección en [[1778]] e mantívoa con el ata a súa morte en [[1783]]. Pouco despois da morte de Linné, o seu fillo confirmou que os ratos causaran "danos horribles" ás plantas e tamén que as [[traza]]s e os mofos provocaran danos considerables.<ref name="Dance, S.P. 1967">Dance, S.P. 1967. Report on the Linnaean shell collection. – Proceedings of the Linnean Society of London 178 (1): 1–24, Pl. 1-10.</ref> Intentou rescatalos do abandono que sufriran nos últimos anos do seu pai, e tamén engadiu máis espécimes. Porén, esta última actividade reduciu, máis que aumentou, o valor científico do material orixinal.
 
En [[1784]] o botánico [[James Edward Smith]] mercou case tódolos efectos científicos privados de Linné á viúva e á filla de Linné, e enviounos a Londres.<ref>Jackson, B. D. 1923. Linnaeus (afterwards Carl von Linné), the story of his life. Adaptado do sueco de Theodor Magnus Fries. – pp. I-XV [= 1–15], 1–416. Londres. (Witherby).</ref> Non todo o material da colección foi enviado a Londres, trinta e tres espécimes de peixes conservados en alcohol nunca se enviaron e remataron perdéndose.<ref>{{Cómprecita referenciapublicación periódica |apelido1=Wallin |nome1=Lars |título=Catalogue of type specimens. 4. |publicación=Uppsala University Museum of Evolution Zoology Section |data=14 de febreiro de 2001|issue=6 |páxina=4 |url=http://www.evolutionsmuseet.uu.se/samling/UUZM04_Linnaeus.pdf |dataacceso=25 de febreiro de 2019}}</ref>
 
En Londres, Smith tendeu a abandonar as partes zoolóxicas da colección, engadiu algúns espécimes e regalou outros.<ref>Exemplos son evidentes no [http://resolver.sub.uni-goettingen.de/purl?PPN603451020 Catálogo de Portland p. 76 Lot 1715 e p. 188 Lot 3997.] "A catalogue of the Portland Museum, lately the property of the Duchess Dowager of Portland, deceased: Which will be sold by auction by Mr. Skinner and Co. On Monday the 24th of April, 1786, and the thirty-seven following days (...) at her late dwelling-house, in Privy-Garden, Whitehall, by order of the Acting Executrix." – pp. i–viii [= 1–8], 3-194, pl. [1]. [Londres]. (Skinner).</ref> Nos seguintes séculos a colección de Linné en Londres sufriu enormemente nas mans de científicos que estudaron a colección, e no proceso desfixeron a ordenación orixinal e as etiquetas, engadiron espécimes que non pertencían á serie orixinal e sacaron precioso material tipo orixinal.<ref name="Dance, S.P. 1967" />