Bruxaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 2:
A '''bruxaría'''<ref>{{DRAG|bruxaría}}</ref> é o grupo de crenzas, coñecementos prácticos e actividades atribuídos a certas persoas chamadas [[meiga]]s (existe tamén a forma masculina, bruxos, aínda que é menos frecuente) que están supostamente dotadas de certas habilidades [[Maxia|máxicas]] que empregan coa finalidade de causar dano.
 
A crenza na bruxaría é común en numerosas culturas dende a máis remota antigüidade, e as interpretacións do fenómeno varían significativamente dunha cultura a outra.<ref name="Russell">[https://books.google.com/books?hl=en&lr=&id=LsjagvvkveEC&oi=fnd&pg=PA2&dq=witchcraft+definition&ots=aw4oz13kOS&sig=2CWBjLB2TIsUt1aNz_nyUPxOf5E&redir_esc=y#v=onepage&q=witchcraft%20definition&f=false Witchcraft in the Middle Ages], Jeffrey Russell, p.4-10.</ref> No Occidente cristián, a bruxaría relacionouse frecuentemente coa crenza no [[Diabo|Diaño]], especialmente durante a [[Idade Moderna]], en que se desatou en [[Europa]] unha obsesión pola bruxaría que desembocou en numerosos procesos e execucións de meigas (o que se denomina «[[caza de bruxas]]»).<ref>{{cita web|autor=Jeffrey Burton Russell |url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/646051/witchcraft |título=Witchcraft - Encyclopædia Britannica |editorial=Britannica.com |dataacceso=29 de xuño de 2013}}</ref><ref>Pócs 1999, pp. 9–12.</ref> Algunhas teorías relacionan a bruxaría europea con antigas relixións pagás da [[fertilidade]], aínda que ningunha delas puido ser demostrada. As meigas teñen unha grangrande importancia no [[folclore]] de moitas [[cultura]]s, e forman parte da [[cultura popular]].
 
Aínda que este é o concepto máis frecuente do termo «bruxa», dende o [[século XX]] o termo foi reivindicado por [[seita]]s [[Ocultismo|ocultistas]] e [[Neopaganismo|relixións neopagás]], como a [[Wicca]], para designar a todas aquelas persoas que practican certo tipo de maxia, sexa esta maléfica (maxia negra) ou benéfica ([[maxia]] branca), ou ben ós adeptos dunha determinada [[relixión]].<ref name="Russell" /><ref name="ReferenceA">Bengt Ankarloo & Stuart Clark, Witchcraft and Magic in Europe: Biblical and Pagan Societies", University of Philadelphia Press, 2001</ref> É considerada a bruxaría, unha forma de espiritismo.