Diferenzas entre revisións de «Pierre Joseph Proudhon»

m
→‎Traxectoria: arranxiños
m (→‎Traxectoria: arranxiños)
Nos últimos dous anos da súa vida escribe outra obra de grande importancia doutrinal, que inflúe decisivamente na formación ideolóxica dos fundadores da [[Primeira Internacional]]: "De la Capacité politique des classes ouvrières", aparecida en [[1865]].
 
O pensamento de Proudhon parte, ante todo, da filosofía da [[Ilustración]]. Os empiristas ingleses ([[Locke]], [[David Hume]] etc.) e os enciclopedistas franceses, como [[Voltaire]], [[Claude Adrien Helvetius|Helvetius]], e particularmente [[Denis Diderot|Diderot]], son con frecuencia os alicerces tácitos ou explícitos dos seus desenvolvementos doutrinais. Ataca duramente a [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] (como antes [[William Godwin|Godwin]] e despois [[Mikhail Bakunin]]), pero toma del algunhas das súas ideas básicas.
 
Tamén inflúen sobre Proudhon as agudas críticas dos socialistas utópicos, como [[Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon|Saint-Simon]] e [[Charles Fourier]], aínda que ninguén máis renuente que el ás construcións ideais e ao trazado de brillantes cadros futurísticos.
 
== Discusións entre Marx e Proudhon ==
107.079

edicións