Poríferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
Liña 30:
O aspecto corporal das esponxas é moi variado aínda que a forma máis sinxela e característica é a dun "saco" cunha abertura eferente e grande na parte superior, o [[ósculo]], que é por onde sae a auga, e moitos poros aferentes ou ostiolos máis ou menos pequenos nas paredes, que é por onde entra a auga. Os ostiolos e os ósculos están unidos por un sistema de condutos e cavidades que é dunha complexidade diferente nas distintas especies.
 
A filtración do alimento prodúcese na cámara interna do animal, feita por un tipo celular especializado e único dos poríferos: os [[coanocito]]s. Estas células semellan protozoos [[Choanoflagellata|coanoflaxelados]], cos que se pensa que deben estar relacionados [[filoxenia|filoxeneticamente]] dalgunha maneira.
 
Se isto fose certo, podería demostrarse que o que hoxe en día son animais [[Organismo pluricelular|pluricelulares]]es deberon de ser hai moito tempo simples agregados de animais [[Organismo unicelular|unicelulares]]es sen unha relación de parentesco directa.
 
Carecen de sistema nervioso e de órganos ou elementos contráctiles, o que nos fala dun baixo nivel de integración no seu comportamento, e cun grao limitado de individualidade das esponxas que viven en colonias (presentando estas límites imprecisos e escasa autonomía).