Diferenzas entre revisións de «Denis Diderot»

m
→‎Traxectoria: Jean Le Rond d'Alembert
m (→‎Primeira etapa: René Descartes)
m (→‎Traxectoria: Jean Le Rond d'Alembert)
 
== Traxectoria ==
Pertencía á burguesía provinciana que só podía ascender mediante a carreira eclesiástica, en [[1728]] deixou ditos estudos. O seu desexo de progresar socialmente levouno a [[París]], onde entrou en contacto cos círculos literarios máis avanzados e coñeceu a [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], [[Jean Le Rond d'Alembert|D'Alembert]] e [[Condillac]]. Diderot gañouse a vida como tradutor. Máis tarde, baixo o influxo de [[Anthony Ashley Cooper|Shaftesbury]], escribiu e publicou en [[1746]] ''Pensamentos filosóficos'', nese mesmo ano logrou formar ao redor del o grupo de intelectuais que se fixo cargo da ''[[Encyclopédie|Enciclopedia]]''. É o autor máis completo do [[século XVIII]] francés, pois compuxo obras de todo tipo de xéneros que se poden encadrar nas tres tendencias literarias da época: [[Rococó]], nos seus comezos, [[Neoclasicismo]] e [[Prerromanticismo]], a partir do seu compromiso coa ''Enciclopedia''.
 
En [[1785]] [[Catarina II de Rusia]] adquiriu a biblioteca de Diderot, asignándolle a cambio unha pensión. Diderot residiu en [[San Petersburgo]] entre [[1773]] e [[1774]] dedicándose a elaborar proxectos de reforma. Durante os últimos anos da súa vida colaborou na obra ''Raynal, Historia das dúas Indias'', onde se considera que o comercio é o factor básico do progreso e da civilización.
107.019

edicións