Visgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Descrición: Contracción ("con+unha")
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 23:
Os seus talos [[Bifurcación|dicotómicos]] poden chegar a medir até 1 metro e divídense desde a base en varias franzas, espalladas, galladas, cilíndricas e divididas en nós. As [[folla]]s, de cor amarela verdosa e entre 2 a 8 cm de longo por 0,80 a 2,5 cm de largo, dispóñense en pares opostos, son lanceoladas, enteiras e de textura correosa. As [[flor]]es son miúdas (2–3 mm de diámetro) son [[dioica]]s e tamén de cor amarela verdosa.
 
O [[froito]] é unha [[baga]] pequena, verde cando está inmatura e despois translúcida, de cor alba ou amarela. O [[mesocarpio]] contén unha polpa mesta cunha (raramente varias) [[semente]]s que madura a finais do outono. Non é unha baga comestíbel.
 
A multiplicación é levada a cabo polos [[paxaro]]s, en especial [[melro]]s ou [[tordo]]s que, ao se fretaren nas pólas, deixan fixadas as sementes pegañentas, a partir das cales se desenvolven unhas raíces capaces de chuchar o [[zume (botánica)|zume]] das pólas da árbore hóspede. Porén, as súas follas son capaces de facer a [[fotosíntese]], polo que é considerada semiparasita.