Vocabulario Científico Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
Segundo o ''terceiro'' Webster, as "palabras do ISV (como, por exemplo, ''lipoid'') creáronse tomando unha palabra cun significado algo xeral e simple a partir dunha das linguas da antigüidade clásica, xeralmente o [[lingua grega|grego]] e o [[Lingua latina|latín]], pero conferíndolle un significado moi específico e complicado, adecuado para os propósitos do discurso científico moderno. Unha palabra do VCI é tipicamente un derivado ou un composto que "consegue só a súas materias primas dos idiomas da antigüidade". A súa [[Morfoloxía (lingüística)|morfoloxía]] pode variar segundo os diferentes idiomas modernos.
 
A versión ''on line'' do ''Terceiro novo dicionario internacional'' de Webster ([[Merriam-Webster]], 2002)<ref>"International scientific vocabulary". ''Webster's Third New International Dictionary, Unabridged''. Merriam-Webster, 2002.</ref> engade que o ISV "consiste nas palabras ou outras formas lingüísticas actuais en dous o máis idiomas", e que "se diferencia dedo latín moderno (''New Latin'') en que estes termos se adaptan á estrutura dos idiomas individuais nos que aparecen"<ref name="mcarthur">McArthur, T. ''Asian Lexicography: Past, Present, and Prospective'', introducción de ''Lexicography in Asia''. Password Publishers Limited, 1998.</ref>. É dicir, os termos do VCI constrúense a miúdo con formas gregas, latinas, o outras que se combinan, pero cada lingua escribe, e pronuncia, os [[neolexema]]s que resultan de acordo coas súas propias normas morfolóxicas.
 
Con todo, non se debe esquecer a eiva, presente en moitos termos da botánica, segundo [[Font Quer]]<ref>Font Quer, P. ''Diccionario de botánica''. Editorial Labor, S.A., 1993.</ref>, das chamadas ''voces híbridas'', isto é, compostas por un primeiro elemento grego e o segundo latino, ou viceversa, e que, de ser posíbel, non se deben empregar. E moito menos se o primeiro elemento procede dunha lingua ''moderna'', que algún caso hai, por exemplo, no español científico. A homoxeneidade léxica exixe que todo termo composto estea formado por todos os seus compoñentes, dous ou máis, da mesma natureza lingüística.