Escola filosófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 88:
[[Ficheiro:El Joven Allende.jpg|miniatura|esquerda|[[Salvador Allende]] en uniforme de militante socialista, nos anos 1930.]]
[[Ficheiro:CheHigh.jpg|miniatura|[[Ernesto Guevara]].]]
[[Ficheiro:Portrait_Pierre-Joseph_Proudhon.jpg|miniatura|esquerda|[[Pierre- Joseph Proudhon]] en 1862.]]
[[Ficheiro:Bakunin Nadar.jpg|miniatura|[[Mikhail Bakunin]].]]
[[Ficheiro:WikipediaBaudrillard20040612.jpg|miniatura|esquerda|[[Jean Baudrillard]], un dos máis destacados filósofos do ámbito da posmodernidade.]]
Liña 134:
* [[Marxismo humanista]]: O [[marxismo humanista]] (ou [[humanismo marxista]]) é unha rama do [[marxismo]] que se centra principalmente nos primeiros escritos de [[Karl Marx|Marx]], especialmente dos ''Manuscritos económicos e filosóficos de 1844'' <ref>[http://www.marxists.org/espanol/m-e/1840s/manuscritos/index.htm Manuscritos económicos y filosóficos de 1844.] {{es}}</ref> nos que expón a súa teoría da [[alienación]]. En vez de asumir as teses de que na obra de Marx hai un corte epistemolóxico, se le ao Marx tardío desde perspectivas filosóficas desenvolvidas polo Marx mozo, non contrapoñéndoas. Esta corrente fue criticada polo [[antihumanismo]] do [[Filosofía marxista|filósofo marxista]] [[Louis Althusser]], quen a cualificou de revisionista e de ideoloxía burguesa. A [[escola da praxe]] é unha representante deste movemento, así como [[John Lewis]] e [[Salvador Allende]] quen, no seu discurso "''A vía chilena ao socialismo''" de [[1971]] dixo: "''Pisamos un camiño novo; marchamos sen guía por un terreo descoñecido; apenas tendo como compás a nosa fidelidade ao humanismo de todas as épocas, particularmente ao humanismo marxista"''.<ref>[http://www.marxists.org/espanol/allende/21-5-71.htm Discurso de Salvador Allende.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20111124004617/http://www.marxists.org/espanol/allende/21-5-71.htm |date=24 de novembro de 2011 }} {{es}}</ref> Outros expoñentes destacados foron [[Jean Paul Sartre]] e [[Ernesto Guevara]]. Esta escola adoita considerar os traballos de [[Antonio Gramsci]], do primeiro [[Georg Lukács|Lukács]] e de [[Lucien Goldmann]] como fontes.
* [[Humanismo cristián]]: O [[humanismo cristián]] é a crenza de que a liberdade e o individualismo humanos son partes intrínsecas (naturais) ou, polo menos, compatíbeis coa doutrina e práctica [[Cristianismo|cristiá]]. É unha unión filosófica dos principios cristiáns e [[Humanismo (filosofía)|humanistas]].<ref>''Christian World''. San Francisco: Harper & Row, 1970, páx. 42. {{en}}</ref> Entre os sus principais expoñentes encóntrase [[Jacques Maritain]]. Efectivamente, a visión cultural —ou [[filosofía política]] de inspiración cristiá— que Maritain desenvolveu con extraordinaria precisión e profundidade en varias da súas obras son o fundamento principal desta corrente de pensamento, o que é, á súa vez, unha das primeiras do desenvolvemento mundial da [[democracia|democracia cristiá]] <ref>Joseph W. Evans & Leo R. Ward. ''The Social and Political Philosophy of Jacques Maritain'' (A filosofía social e política de Jacques Maritain), 1965.</ref> Maritain propón tamén o concepto de [[humanismo integral]], ou da denominada ''nova cristiandade'': "Este novo humanismo, sen común medida co [[humanismo burgués]] e tanto máis humano canto non adora ao home, senón que respecta, real e efectivamente, a dignidade humana e recoñece dereito ás exixencias integrais da persoa, concibímolo orientado cara a unha realización socio-temporal de aquela atención evanxélica ao humano que debe non só existir na orde espiritual, senón encarnarse, tendendo ao ideal dunha comunidade fraterna". O humanismo integral pasou a formar parte plena da [[Doutrina social da igrexa]] a partir do feito, certamente inusitado, de que [[Paulo VI]], na súa encíclica ''[[Populorum Progressio]]'' (1967), citando como exemplo precisamente o libro ''Humanismo Integral'', declarara: "42. Tal é o verdadeiro e pleno humanismo que se ten que promover". Pola súa parte, [[Xoán Paulo II]] non só ratificou esta declaración na súa encíclica ''[[Sollicitudo Rei Socialis]]'' (1987), conmemorativa dos vinte años da ''Populorum Progressio'', senón que converteu o concepto de 'humanismo integral' en parte substancial da súa preocupación pola "cuestión cultural dos nosos tempos", tema central do seu pontificado. Xoán Paulo II serviu de sentinela na tradición de Maritain, continuado os seus esforzos para establecer as bases intelectuais dunha teoría personalista da democracia e dun 'humanismo integral'.<ref>Joseph M. de Torre. ''Maritain's "Integral Humanism" and Catholic Social Teaching'' (O "humanismo integral" de Maritain e a ensinanza social católica), 2001.</ref>
* [[Escolas anarquistas]]: ''Non hai unha soa posición definida que todos os anarquistas manteñan, e o máis que teñen en común os que son tidos por anarquistas á un certo aire de familia'', segundo a Enciclopedia Oxford de Filosofía.<ref>Ted Honderich, Carmen García Trevijano, [http://books.google.es/books?id=s9iwZGv44psC&pg=PA402&dq=Enciclopedia+teor%C3%ADa+pol%C3%ADtica&lr=&as_brr=3#PPA57,M1 ''Enciclopedia Oxford de Filosofía'']</ref> As posturas [[anarquismo|anarquistas]] poden ser de carácter global, predicando unha revolución e cambio total da sociedade, ou máis restritivas, centrándose en unidades pequenas e cambios parciais. Acéptase xeralmente que o punto de partida do debate doutrinal sobre un pensamento anarquista moderno remóntase a finais do [[século XVIII]], na obra de [[William Godwin]] ''An Enquiry concerning Political Justice and its influence on general virtue and happiness'' (1793),<ref>Max Nettlau, [http://www.antorcha.net/biblioteca_virtual/historia/anarquia_tiempos/nettlau2.html ''La anarquía a través de los tiempos''] {{es}}</ref><ref>Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, [http://books.google.es/books?id=naHWtiYg5M0C&pg=PA520&dq=Diccionario+teor%C3%ADa+pol%C3%ADtica&lr=&as_brr=3#PPA30,M1 ''Diccionario de política'', páx. 30] {{es}}</ref> anída que o primeiro autor que se autodenominou anarquista foi [[Pierre- Joseph Proudhon]].<ref>Outhwaite, William: 2003. ''The Blackwell dictionary of modern social thought''. Wiley-Blackwell. páx 287. ISBN 978-0-631-22164-7. [http://books.google.es/books?id=E8KUQCMGyssC&printsec=frontcover&dq=The+Blackwell+dictionary+of+modern+social+thought#PPA287,M1.] {{en}}</ref> As fontes académicas non se poñen de acordo en canto á [[taxonomía]] das correntes anarquistas. Algunhas fan unha distinción entre dúas liñas básicas de pensamento, [[individualismo|individualistas]] e [[comunismo|comunistas]]<ref>Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, Diccionario de política, páx. 30 (en castelán)</ref>, con [[Max Stirner]] e [[Piotr Kropotkin]] como figuras representativas de ambas as ideoloxías,<ref>Edward Craig, [http://books.google.es/books?id=lnuwFH_M5o0C&pg=PA248&dq=anarchism+encyclopedia&lr=&as_brr=3#PPA246,M1 ''Routledge Encyclopedia of Philosophy''] {{en}}</ref> situando entre ambos os extremos do espectro anarquista outras correntes clásicas, como o [[mutualismo]] de Pierre- Joseph Proudhon e o [[colectivismo]] de [[Mikhail Bakunin]]. Tamén é común como forma de clasificación sinalar as catro correntes máis importantes, que son o [[anarquismo|anarquismo individualista]], o [[mutualismo]], o [[anarcocomunismo|anarquismo comunista]] e o [[anarcosindicalismo]] e, segundo algunhas fontes, tamén o [[colectivismo]].<ref>Este é o criterio escollido, por exemplo, pola [http://books.google.es/books?id=NIZfQTd3nSMC&printsec=frontcover&dq=david+miller Enciclopedia Blackwell sobre pensamiento político] {{es}}, ou por Andrew Vincent no seu [http://books.google.es/books?id=igrwb3rsOOUC&printsec=frontcover&dq=*Modern+Political+Ideologies++Andrew+Vincent Modern Political Ideologies]. {{en}}</ref> O antropólogo anarquista [[David Graeber]] observou que aínda que as correntes do [[marxismo]] sempre se basean nos seus fundadores (por exemplo, [[leninismo]], [[maoísmo]], [[lacan]]ianismo), as correntes do anarquismo "emerxen case invariabelmente sobre algunha clase de principio organizacional ou forma de práctica",<ref>David Graeber e Andrej Grubacic, ''El anarquismo, o el movimiento revolucionario del siglo XXI'', [http://zinternational.zcommunications.org/Spanish/1204graeber.htm] {{es}}</ref> como, por exemplo, o anarcosindicalismo ou o [[anarquismo cooperativista]].
[[Ficheiro:Derrida-by-Pablo-Secca.jpg|miniatura|[[Jacques Derrida]]]]
* [[Posmodernismo]]: O termo posmodernismo ou [[posmodernidade]] designa xeralmente un amplo número de movementos [[Arte|artísticos]], [[cultura]]is, [[literario]]s e filosóficos que xurdiron a mediados do [[século XX]], definidos en diverso grao e maneira pola súa oposición ao [[modernismo]], ou á súa superación. As diferentes correntes do movemento posmoderno comparten a idea de que o proxecto modernista fracasara no seu intento de renovación radical das formas tradicionais da arte e a cultura, o pensamiento e a vida social, a emancipación da humanidade, en suma, e de que un proxecto semellante é imposíbel ou inalcanzábel nas condiciónes actuais. Fronte ao compromiso rigoroso coa innovación, o progreso e a [[crítica social|crítica]] das vangardas artísticas, intelectuais e sociales, ao que considera unha forma refinada de [[teoloxía]] autoritaria, o posmodernismo defende a hibridación, a cultura popular, e o descentramento da autoridade intelectual e científica. Adóitase dividir a posmodernidade en tres sectores, dependendo da súa área de influencia: como un período histórico, como unha actitude filosófica, ou como un movemiento artístico. Histórica, ideolóxica e metodoloxicamente diversos, comparten, porén, un parecido de familia. Desde o punto de vista filosófico considérase a [[Friedrich Wilhelm Nietzsche|Nietzsche]] o primeiro posmoderno,<ref>[http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0dissolucio.htm "Nietzsche: el primer posmoderno"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091222123933/http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0dissolucio.htm |date=22 de decembro de 2009 }} de [http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0index.htm G. Mayos.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091212180852/http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0index.htm |date=12 de decembro de 2009 }} {{es}}</ref> pero hai intérpretes que se remontan a certas actitudes posmodernas dalgúns [[sofismo|sofistas]]. Nos últimos tempos, no campo científico, a [[teoría da relatividade]] e posteriormente a [[física cuántica]], revolucionaron a física moderna newtoniana, a forma mecanicista de interpretar o universo. Do mesmo modo fixérono no campo filosófico. Na ciencia foron moi importantes a [[teoría do caos]], ou a imposibilidade de predicir feitos ([[principio de indeterminación de Heisenberg|Principio de indeterminación]] de [[Heisenberg]], nome que define unha das maiores características do pensamento posmoderno) así como as consecuencias do [[teorema de Bell]]. O mesmo ocorreu na área da epistemoloxía e da filosofía co devenir da psicanálise. Aínda que [[Freud]] sempre foi tratado como un autor clásico, no sentido que se ben critica algúns aspectos da cultura moderna (especialmente en ''O malestar na cultura''), algúns dos seus seguidores como Lyotard e Vattimo desprazáronse cara a plans posmodernos. O filósofo italiano [[Gianni Vattimo]] define o pensamento posmoderno con claridade: nel o importante non son os feitos senón as súas interpretacións. Así como o tempo depende da posición relativa do observador, a certeza dun feito non é máis ca iso, unha verdade relativamente interpretada e, polo mesmo, incerta. O modelo determinista da causalidade, da verdade dun suxeito forte o estilo de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]], [[Kant]] e mesmo [[Karl Marx|Marx]] e o plan do tempo lineal como o de [[Leibniz]], son cuestionados. A posmodernidade, por máis polifácetica que pareza, non significa unha ética de carencia de valores no sentido moral, pois precisamente a súa maior influencia manifiéstase no actual relativismo cultural e na crenza de que nada é totalmente malo nin absolutamente bo. A moral posmoderna é unha moral que cuestiona o cinismo relixioso predominante na cultura occidental e fai fincapé nunha ética baseada na intencionalidade dos actos e a comprensión inter e transcultural de corte secular dos mesmos. É unha nova forma de ver a estética, un novo orden de interpretar valores, unha nova forma de relacionarse, intermediadas moitas veces polos factores postindustriais. Os pensadores máis destacados das correntes posmodernas son [[Gilles Deleuze]], [[Jean Baudrillard]], [[Jean-François Lyotard]], [[Jacques Lacan]], [[Michel Foucault]], [[Gianni Vattimo]], [[Jacques Derrida]], [[Gilles Lipovetsky]], [[Slavoj Zizek]], [[Alain Badiou]], [[Bourdieu]], entre outros.