Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Liña 38:
As cordiais relacións entre Proudhon e [[Karl Marx|Marx]] non duraron moito. Marx, que rompeu con cantos lle precederon, quixo atacar, en certo momento, ao alemán [[Grün]], representante do chamado "verdadeiro socialismo", e quixo arrastrar consigo a Proudhon, o cal, o mesmo que [[Bakunin]], non se prestou a iso. Velaquí o que en tal ocasión escribe o "pai do socialismo francés" ao "pai do socialismo alemán": "''Logo de demoler todos os dogmas'' a priori'', non caiamos, á nosa vez, na contradición do voso compatriota [[Martiño Lutero]]; non pensemos tamén nós en adoutrinar ao pobo; manteñamos unha boa e leal polémica. Demos ao mundo o exemplo dunha sabia e previsora tolerancia, pero, dado que estamos á cabeza do movemento, non nos transformemos en xefes dunha nova intolerancia, non nos situemos como apóstolos dunha nova relixión, aínda que esta sexa a relixión da lóxica''".
 
Marx ataca a Proudhon cando este publica o seu Sistema das contradicións económicas, tres ou catro anos logo de encomialo polo libro ''[[Qu'est -ce que la propriété?]]''.
 
Para moitos marxistas, Proudhon é un ideólogo da pequena burguesía, e particularmente das clases artesás e campesiñas. Os proudhonianos responden a isto recordando as orixes de Proudhon como traballador manual. Algúns autores como [[Jean Touchard]], na súa ''Historia das ideas políticas'', prefiren definir ao proudhonismo como "''un socialismo para artesáns''"; outros falaron dun "''socialismo para campesiños''". Os proudhonianos responden a isto dicindo que tales definicións só se poden aceptar tendo en conta que, no momento en que Proudhon pensaba e escribía, a maioría dos traballadores asalariados eran artesáns e agricultores máis que obreiros industriais. Tamén hai quen optou por chamalo como [[León Víctor Bourgeois]], "pai do socialismo francés", como con Stekloff, "pai do anarquismo" e como Dolléans, "gran filósofo e tribuno da plebe europea".