Arcadio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de ligazón interna.
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
'''Flavius Arcadius''', en galego '''Arcadio''' ([[377]]/[[378]] - [[1 de maio]] de [[408]]) foi Emperador do [[Imperio Romano de Oriente]] desde [[395]] ata a súa morte en [[408]].
 
== Traxectoria ==
Arcadio era o maior fillo de [[Teodosio I]] e de Aelia Flaccilla, e irmán de [[Flavio Honorio|Honorio]], que seria emperador de Occidente. O seu pai declarouno Augusto de Oriente en xaneiro de [[383]]. O seu irmán menor tamén foi declarado Augusto, pero de Occidente, en [[393]]. Arcadio comezou a reinar en solitario sobre a metade oriental do Imperio cando o seu pai faleceu en [[395]] en [[Milán]], a onde acudira para sufocar unha rebelión.
 
=== A División do Imperio ===
 
A división do [[Imperio Romano]] en dúas partes, sometidas cada unha delas ao goberno dun Emperador ou Augusto, era unha práctica administrativa habitual desde finais do [[século III]] trala primeira reforma do emperador [[Diocleciano]]. A novidade do reinado de Arcadio radica en que a división do Imperio realizada polo seu pai [[Teodosio I]] sería a definitiva, as dúas partes do Imperio non volverían nunca máis a seren reunificadas, tal e como fixeran no pasado emperadores poderosos como [[Constantino I o Grande]] ou o propio [[Teodosio I]]. Por iso Arcadio é considerado o primeiro emperador do [[Imperio Romano de Oriente]]. No seu momento a división do Imperio non tivo probabelmente o carácter definitivo e radical que a historiografía posterior lle adxudicou xa que desde a perspectiva de finais do [[século IV]] e cos antecedentes do acaecido ao longo do [[século IV]], esta tería probabelmente visos de ser unha división máis ou menos transitoria.
Liña 12 ⟶ 13:
Ademais, especialmente ao comezo do reinado de Arcadio, as políticas do Imperio Occidental e do Oriental estarían aínda entrelazadas por loitas de poder que buscaban en parte o control de todo o Imperio Romano.
 
=== A invasión visigoda e loitas de poder no seo do Imperio ===
 
O baleiro de poder causado pola morte do emperador Teodosio I en [[395]] e o feito de que moitas tropas orientais estivesen naquel momento desprazadas á parte occidental do Imperio, foron aproveitadas polos [[hunos]] para atacaren o Imperio Oriental. Os hunos atacaron o Imperio polo [[Cáucaso]] e polo [[Danubio]], onde fustrigaron aos [[godo]]s, pobo que se asentou como federado na provincia romana de [[Mesia]] Inferior. Levados polos hunos, os godos que estaban guiados polo seu rei [[Alarico I]] comezaron a desprazarse ás provincias romanas limítrofes que comezaron a ser saqueadas.
Liña 18 ⟶ 19:
Naquel momento cada parte do Imperio estaba gobernada por un home forte con grande influencia sobre o emperador. En Occidente, Honorio estaba baixo o dominio do xeneral [[vándalos|vándalo]] romanizado, ''Flavius Stilicho'' ([[Estilicón]]), mentres Arcadio era dominado polo prefecto de pretorio de Oriente chamado [[Rufino]]. Estilicón acudiu á parte oriental do imperio, a [[Grecia]], a tratar de frear aos godos, pero foi acusado por algúns de tratar de converterse tamén con esta acción no home forte do Imperio Oriental. Arcadio, influído por Rufino, pediu que Estilicón se retirase da parte Oriental. Para se desfacer do seu contrincante, Estilicón mandou asasinar a Rufino por mercenarios góticos en [[395]], aínda que este feito segue sendo discutido.
 
Coa eliminación de Rufino estalou unha loita na cúpula do poder, que se resolveu favorablemente para [[Eutropio]], un liberto [[eunuco]] que fora titor do emperador e que poucos meses antes propiciara o matrimonio deste con [[Aelia Eudoxia]], filla dun xeneral franco. Apartado do poder, Estilicón inhibiuse na defensa do Imperio Oriental e os godos andaron a doután por [[Grecia]] saqueando todo o territorio. Só as cidades de [[Tebas, Grecia|Tebas]] e [[Atenas]] se libraron do saqueo.
 
En [[397]] Estilicón organizou unha nova expedición unilateral para expulsar aos godos. esta vez do [[Peloponeso]]. Como ocorrera dous anos antes, Eutropio, medorento de que Estilicón o desprazase do poder instigou a Arcadio para que pedise ao xeneral occidental que se retirase do seu territorio. Alarico desprazouse entón a [[Epiro]], onde se acantonaron os godos.
Liña 26 ⟶ 27:
Doutra banda os [[hunos]] realizaron incursións dentro do Imperio Oriental desde [[395]]. O prefecto de pretorio Eutropio fixo fronte ás incursións con éxito e isto levouno a asentar a súa posición á fronte do goberno, dotándoo de prestixio e autoridade. Con todo en [[399]] autonomeouse [[Cónsul romano|cónsul]], unha dignidade que ata aquel entón non ostentara nunca un [[eunuco]]. Este feito provocou unha rebelión das tropas enviadas á súa vez a sufocar unha revolta en [[Frixia (rexión)|Frixia]]. Malia as reticencias que tiña o emperador, a emperatriz Eudoxia convenceuno para que depuxese ao eunuco do seu cargo. Comeza así en [[399]] o período de influencia da emperatriz Eudoxia.
 
=== A influencia de Eudoxia ===
 
Desde [[399]] exerceu o goberno un círculo de persoas ligado á persoa da emperatriz Eudoxia. A emperatriz apoiouse en varias personalidades para exercer o goberno; o prefecto de pretorio de Oriente Aureliano, logo de [[400]] o conde Xoán ou o xeneral [[Fravitta]], de orixe goda.
Liña 32 ⟶ 33:
A partir de [[403]] a Eudoxia opúxoselle constantemente [[Xoán Crisóstomo]], [[Patriarca de Constantinopla]], que sentía que ela usara a riqueza da súa familia para gañar control sobre o emperador. Eudoxia, coa axuda do [[Patriarca de Alexandría]], logrou exiliar a Crisóstomo, pero un tumulto popular fíxoa retroceder, aínda que logrando finalmente o seu obxectivo no [[404]]. Ao ano seguinte falecía a emperatriz.
 
=== Os Últimosúltimos Anosanos de Reinadoreinado ===
 
Á morte da súa muller, Arcadio foi dominado durante o resto do seu reinado por [[Antemio]], o Prefecto do Pretorio de Oriente. O propio Arcadio preocupábase máis por parecer un cristián pío que por se ocupar das materias políticas ou militares do seu imperio. Morreu, tras ter so nominalmente o mando do seu imperio, en [[408]].