Gris (cor): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
ou cinsento
Liña 1:
[[Ficheiro:Grises.png|miniatura|250px|Grises.]]
O '''gris'''<ref>{{DRAG|gris}}</ref> ou cinsento,<ref>{{DRAG|cinsento}}</ref> é a denominación común das [[cor]]es acromáticas cuxa luminosidade está comprendida entre a máxima (correspondente ó [[branco]]) e a nula (correspondente ó [[Negro (cor)|negro]]), aínda que se aplica especialmente ós de luminosidade media. O gris percíbese como consecuencia da [[Fotorreceptor (bioloxía)|fotorrecepción]] dunha [[luz]] de intensidade moderada constituída por todas as lonxitudes de onda do [[espectro visible]], por tres lonxitudes de onda (longa, media e curta) ou por dúas [[Lonxitude de onda|lonxitudes de onda]] complementarias. Aseméllase á cor das nubes [[cumulonimbus]] cando son densas, baixas e sombrías, á cor da [[néboa]] e á cor da [[cinza]].<ref name="DicColor">{{Cita libro|título=Diccionario Akal del color|editorial=Akal|ISBN=978-84-460-1083-8}}</ref>
 
A denominación de cor «gris» abarca as coloracións lixeiramente cromáticas semellantes ós grises neutros, denominadas '''agrisadas.''' Tamén se denomina «gris» ás coloraciones pardas, e especialmente ás que son claras.