Comunismo libertario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m arranxiño
Liña 6:
O anarcocomunismo foi concibido inicialmente na [[Italia]] durante a [[Primeira Internacional]], por [[Carlo Cafiero]], [[Errico Malatesta]], [[Andrea Costa]] e outros ex-republicanos de [[Mazzini]].
 
As súas ideas non diferían do [[anarquismo individualista]] e [[mutualismo (economía)|mutualismo]] de [[Pierre- Joseph Proudhon]] ata despois da morte de [[Mikhail Bakunin]]. Alí onde Proudhon apoiou a propiedade individual do produto do traballo, salarios, e un mercado de troco, os anarcocomunistas racharon con esa idea en oposición á propiedade individual, a eliminación dos salarios e a abolición do [[valor de intercambio]]. Cafeiro explica en ''Amarchi et Communisme'' que a propiedade privada do produto de traballo revertiría nunha desigual acumulación do capital e, polo tanto, nunha indesexable distinción de clases. [[Joseph Dejacque]] criticaba a Proudhon directamente, afirmando que ''"Non é sobre o produto do seu traballo sobre o que un traballador ou traballadora ten dereito, senón sobre a satisfacción das súas necesidades, independentemente de cal poida ser a súa natureza"''. En [[1876]], na Conferencia de Florencia da Federación Italiana da Internacional (que de feito tivo lugar nun monte nas aforas de [[Florencia]] debido á actividade policial), declararon os principios do anarcocomunismo, comezando con:
 
{{Cita|A Federación Italiana considera a propiedade colectiva do produto do traballo como o complemento necesario para o programa colectivista, o apoio de todos para a satisfacción das necesidades de cada individuo a única regra de produción e consumo a cal corresponde ao principio de solidariedade. O congreso federal en Florencia demostrou elocuentemente a opinión da Internacional Italiana neste punto...|}}