Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 30:
 
=== Evolución da vida ===
{{APArtigo principal|Historia evolutiva da vida}}
A día de hoxe, a Terra proporciona o único exemplo coñecido dunha contorna que deu lugar á [[evolución]] da vida.<ref name="purves_et_al2001"/> Crese que procesos químicos altamente enerxéticos produciron unha molécula autoreplicante hai aproximadamente 4&nbsp;000 millóns de anos, e entre 3&nbsp;500 e 3&nbsp;800 millóns de anos existiu o [[último antepasado común universal]].<ref name="sa282_6_90"/> O desenvolvemento da [[fotosíntese]] permitiu que os seres vivos recollesen de forma directa a enerxía do Sol; o osíxeno resultante acumulado na atmosfera formou unha capa de [[ozono]] (unha forma de [[osíxeno]] molecular [O<sub>3</sub>]) na atmosfera superior. A incorporación de células máis pequenas dentro das máis grandes deu como resultado o [[Eucarioxénese|desenvolvemento das células complexas]] chamadas [[célula eucariota|eucariotas]].<ref name="jas22_3_225"/> Os verdadeiros organismos multicelulares formáronse cando células dentro de [[Colonia (bioloxía)|colonias]] se fixeron cada vez máis especializadas. A vida colonizou a superficie da Terra en parte grazas á absorción da [[radiación ultravioleta]] por parte da [[Ozonosfera|capa de ozono]].<ref name="burton20021129"/>
 
Na década de 1960 xurdiu unha hipótese que afirma que durante o período [[Neoproterozoico]], desde 750 ata os 580 Ma (millóns de anos), produciuse unha intensa [[glaciación]] na que gran parte do planeta foi cuberto por unha capa de xeo. Esta hipótese foi denominada "[[Terra bóla de neve]]", e é de particular interese xa que este suceso precedeu á chamada [[explosión cámbrica|explosión do Cámbrico]], na que as formas de vida multicelulares comezaron a proliferar.<ref name="kirschvink1992"/>
 
Trala explosión de vida do Cámbrico, hai uns 535 Ma, producíronse cinco grandes [[Extinción masivaen masa|extincións en masa]].<ref name="sci215_4539_1501"/> Delas, o [[Extinción dos dinosauros|evento máis recente]] ocorreu hai 65 Ma, cando o impacto dun asteroide provocou a extinción dos [[dinosauro]]s non aviarios, así como doutros grandes [[réptiles]], excepto algúns pequenos animais como os [[mamíferos]], que por aquel entón eran similares ás actuais [[musarañaSorícidos|musarañas]]s. Durante os últimos 65 millóns de anos os mamíferos diversificáronse, ata que hai varios millóns de anos, un animal africano con aspecto de simio, coñecido como o ''[[Orrorin|orrorin tugenensis]]'', adquiriu a capacidade de manterse en pé.<ref name="gould1994"/> Isto permitiulle utilizar ferramentas e favoreceu a súa capacidade de comunicación, proporcionando a nutrición e a estimulación necesarias para desenvolver un cerebro máis grande, e permitindo así a evolución da raza humana. O desenvolvemento da agricultura e da civilización permitiu aos humanos alterar a Terra nun curto espazo de tempo como non o fixo ningunha outra especie,<ref name="bgsa119_1_140"/> afectando tanto á natureza como á diversidade e cantidade de formas de vida.
 
O presente patrón de [[Glaciación|idades de xeo]] comezou hai arredor de 40 Ma e logo intensificouse durante o [[Plistoceno]], hai arredor de 3 Ma. Desde entón as rexións en [[latitude]]s altas foron obxecto de repetidos ciclos de glaciación e desxeo, en ciclos de 40-100 mil anos. A última glaciación continental terminou hai 10&nbsp;000 anos.<ref name="psc"/>