Virus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Engadín referencia sobre os tipos de virus segundo a morfoloxía e outras características.
Liña 379:
* ''Liberación''. Os virus poden liberarse da célula pola [[lise]] desta, un proceso que mata a célula ao rebentar a súa membrana e, no seu caso, a parede celular. Isto é característico de moitos virus de bacterias e dalgúns virus animais. Algúns virus sofren un [[ciclo lisoxénico]] no cal o xenoma viral se incorpora e integra por [[recombinación xenética]] nun [[cromosoma]] da célula, xeralmente nun lugar específico. O xenoma viral integrado recibe o nome de "[[provirus]]" ou, no caso dos [[bacteriófago]]s, de "[[profago]]".<ref>{{Cita Harvard|Shors|2008|sp=si|pp=60, 597}}</ref> Nesta situación, sempre que a célula se divida, o xenoma viral tamén se replica, polo que todas as células fillas levan unha copia do provirus. O xenoma viral permanece principalmente latente, inactivo, dentro da célula hóspede; porén, en certo momento, o provirus ou profago pode dar lugar a virus activos, os cales poden lisar a célula hóspede (ciclo lítico).<ref>Dimmock, Chapter 15, ''Mechanisms in virus latentcy'', pp.243–259</ref> Os virus con envoltura (caso do [[VIH]]) libéranse da célula por evaxinación na membrana. Durante este proceso o virus adquire a súa envoltura, que é unha parte da membrana celular (da [[membrana plasmática|plasmática]] ou de membranas de [[orgánulo]]s), modificada engadindo proteínas do virus.<ref>{{Cita Harvard|Dimmock|Easton|Leppard|2007|sp=si|pp=185–187}}</ref>
 
O material xenético dentro das partículas víricas, e o método polo cal se replica o material, varía considerablemente entre diferentes tipos de virus.<ref>{{Cita web|url=https://medsalud.com/ciencia/tipos-de-virus|páxina-web=Med Salud|título=Los tipos de virus: cómo funcionan y enfermedades asociadas|data-acceso=24 de junio de 2019|apelidos=Rico Garófalo|nome=Xavier|ano=2019}}</ref>
 
; [[Virus de ADN]]: A replicación do xenoma da maioría dos virus de ADN ten lugar no [[núcleo celular]]. Se a célula ten o receptor apropiado na súa superficie, estes virus entran na célula ás veces por fusión directa coa membrana da célula (por exemplo, os herpesvirus) ou, máis comunmente, por unha [[endocitose mediada por receptor]]. A maioría dos virus de ADN son totalmente dependentes da maquinaria celular de síntese de ARN e ADN, e de procesamento do ARN, pero os virus con xenomas máis grandes poden codificar parte desta maquinaria no seu propio xenoma. Nos eucariotas o xenoma viral debe cruzar os límites da [[membrana nuclear]] para acceder a esta maquinaria, mentres que nas bacterias só cómpre que entre na célula.<ref>{{Cita Harvard|Shors|2008|sp=si|p=54}}; {{Cita Harvard|Collier|Mahy|1998|sp=si|p=78}}</ref>