Primeira división española de fútbol feminino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 26:
 
Na última tempada, a 2011-12, o nome ''Superliga'' foi trocado polo de ''Primeira División'', e o formato consiste novamente nun grupo único de 18 equipos, que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante.
 
== Sistema de competición ==
A competición dispútana anualmente 16 equipos que xogan nun único grupo enfrontándose todos contra todos a dobre partido (un partido en campo propio e outro en campo contrario), segundo un calendario previamente establecido por sorteo.
 
Os equipos puntúan en función dos seus resultados: tres puntos por partido gañado, un polo empate e ningún polas derrotas. O club que suma máis puntos ao termo do campionato proclámase campión de liga e obtén unha praza para a seguinte edición da [[Liga de Campións feminina da UEFA|Liga de Campións da UEFA]], do mesmo xeito que o segundo clasificado. Así mesmo, os oito primeiros clasificados disputan a [[Copa da Raíña de fútbol|Copa da Raíña]] ao termo da liga. Os dous últimos equipos descenden a [[Primeira división B española de fútbol feminino|Primeira División B]] e desta ascenden reciprocamente dous equipos.
 
==Equipos==