Etiopía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 104:
Antes de [[1996]] Etiopía estaba divida en 13 [[provincia]]s (14 antes da independencia de Eritrea en 1993). Este sistema de provincias foi substituído en [[1992]] baixo o Goberno de Transición e foi formalizado en [[1995]], cando entrou en vigor a vixente Constitución.
 
A Constitución establece que Etiopía é unha [[Federación|república federal]], subdividida en 9 estados rexionais<ref name="State Structure">{{cita web |url=http://www.ethiopia.gov.et/state-structure |título=Constitution of Ethiopia: State Structure |editor=Goberno de Etiopía |dataacceso=15 de maio de 2019 |lingua=en |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20181016214737/http://www.ethiopia.gov.et/state-structure |dataarquivo=16 de outubro de 2018 |urlmorta=si }}</ref> cun compoñente etno-lingüístico común denominadas ''kililoch'' (singular: ''kilil'') e dúas cidades cun status especial denominadas ''astedader akababiwach'' (singular: ''astedader akabibi''). Os estados rexionais teñen o dereito constitucional de reclamar a súa independencia cumprindo os requisitos e seguindo o procedemento establecidos no mencionado artigo 47<ref name="State Structure"/>.
{| class="sortable wikitable" style="text-align:right;"
|-
Liña 192:
{{Artigo principal|Economía de Etiopía}}
[[Ficheiro:Ethiopian Commercial Bank Addis Abeba.jpg|miniatura|250px|Sede do Banco Comercial de Etiopía en [[Adís Abeba|Addis Abeba]].]]
Etiopía é a economía número 70 mundial por volume de PIB. A súa [[débeda pública]] en [[2016]] foi de 35.910 millóns de [[euro]]s, o 56,06% do PIB<ref name="expansión">{{cita web |url=https://datosmacro.expansion.com/paises/etiopia |título=Etiopía: Economía y demografía |editor=Expansión |dataacceso=16 de maio de 2019 |lingua=es}}</ref>. Con anterioridade a [[2016]], o [[Produto interior bruto|Produto Interior Bruto]] estivo crecendo durante máis dunha década a razón de entre o 8% e o 11%, un dos máis altos crecementos mundiais. Este crecemento foi debido a un progreso sostido da [[agricultura]] e do [[Sector terciario|sector servizos]], pero principalmente aos [[investimento]]s do goberno en [[infraestrutura]]s. Proxectos de infraestruturas en curso inclúen a produción e distribución de [[enerxía]], [[estrada]]s, [[Ferrocarril|ferrovía]]s, [[aeroporto]]s e [[Polígono industrial|parques industriais]]<ref name="theodora">{{cita web |título=Ethiopia Economy 2019 |url=https://www.theodora.com/wfbcurrent/ethiopia/ethiopia_economy.html |editor=theodora.com |dataacceso=16 de maio de 2019 |lingua=en}}</ref>. O peso do estado na economía é moi forte, non só polo investimento en infraestruturas senón tamén porque é propietario de gran parte de sectores económicos clave coma as [[telecomunicacións]], a [[Banco|banca]], os seguros e a distribución de enerxía<ref name="theodora"/>. Ademais, segundo a constitución etíope, o estado é propietario de toda a terra e ofrece arrendamentos a longo prazo, ata 99 anos. Os arrendamentos varían segundo a localización, o tipo de investimento, o tipo de terra e os incentivos dispoñibles<ref name="goberno">{{cita web |url=http://www.ethiopia.gov.et/economy |título=About Ethiopia/Economy |editor=Goberno de Etiopía |dataacceso=16 de maio de 2019 |lingua=en |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20190327004843/http://www.ethiopia.gov.et/economy |dataarquivo=27 de marzo de 2019 |urlmorta=si }}</ref>. Debido que estes arrendamentos non están moi regulados, as concesións dos dereitos de uso están afectadas pola [[Corrupción política|corrupción]], especialmente en Addis Abeba<ref name="theodora"/>. Para tratar de liberalizar a economía, o goberno etíope, en colaboración co [[Banco Mundial]] e o [[Fondo Monetario Internacional]], está a desenvolver un plan de reformas económicas que, entre outras medidas, inclúe un programa de privatización, iniciado en [[1995]], que permitiu a desnacionalización dun gran número de empresas estatais<ref name="goberno"/>.
 
Máis do 70% da poboación aínda está empregada no sector agrícola, pero o sector servizos xa superou á agricultura como a principal fonte do PIB<ref name="theodora"/>. No bienio 2009/2010 a economía creceu un 10,4% fronte a unha media estimada do 6% para toda a [[África subsahariana]]; a agricultura e actividades asociadas contribuíron a este incremento nun 30%, mentres que o sector servizos e a industria fixérono nun 56% e 13% respectivamente<ref name="goberno"/>.
Liña 228:
[[Ficheiro:Wollaita Girl, Ethiopia (14927715564).jpg|miniatura|150px|Rapaza [[Pobo wolayta|wolayta]].]]
== Grupos étnicos etíopes ==
Etiopía posúe unha gran variedade de grupos étnicos, máis de oitenta, distribuídos en cinco ramas principais<ref>{{cita web |url=http://www.ethiopia.gov.et/people |título=The People and the Culture |editor=Goberno de Etiopía |dataacceso=16 de maio de 2019 |lingua=en |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20190327004858/http://www.ethiopia.gov.et/people |dataarquivo=27 de marzo de 2019 |urlmorta=si }}</ref>:
* Etnias de [[Linguas cushíticas|falas cushíticas]], cuxo principal grupo, e tamén de todo o país, é o [[Pobo oromo|oromo]] que viven principalmente no centro e no sur do país e son eminentemente agrícolas e gandeiros.
* Etnias de [[Linguas semíticas|falas semíticas]], cuxo grupo máis numeroso é o [[Pobo amhara|amhara]], localizado na meseta central do macizo etíope.
Liña 317:
{{Commons|Ethiopia}}
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20190327004801/http://www.ethiopia.gov.et/home Portal oficial do Goberno de Etiopía] (en inglés)
* [http://www.ethiopar.net/ Parlamento de Etiopía] en amhárico e inglés (páxina non oficial).
* [https://www.theodora.com/wfbcurrent/ethiopia/index.html Información sobre Etiopía en theodora.com] (en inglés).