O Salvador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
Durante séculos, O Salvador estivo habitado por numeros pobos [[Mesoamérica|mesoamericanos]], especialmente o [[pobo pipil]], así como o [[pobo lenca]] e os [[pobos maias]]. A comezos do século XVI, o [[Imperio Español]] conquistou o territorio, incluíndoo no [[Vicerreinado de Nova España]], gobernado dende [[Cidade de México]]. Porén, o Vicerreinado de México tiña pouca ou ningunha influencia nos asuntos cotiáns do istmo de América Central, que foi colonizado en 1524. En 1609, a área converteuse na [[Capitanía Xeral de Guatemala]], da cal O Salvador formou parte até a súa independencia de España en 1821, primeiro como parte do [[Primeiro Imperio Mexicano]], do cal se secesionou, como parte da [[República Federal de América Central]], en 1823. Cando a república se disolveu en 1841, O Salvador converteuse nun estado soberano, despois formou unha unión de curta duración con [[Honduras]] e [[Nicaragua]] chamada [[República Maior de América Central]], que durou dende 1895 até 1898.<ref name="Boland2001">{{cita libro|autor=Roy Boland|título=Culture and Customs of El Salvador|url=https://books.google.com/books?id=16DV3GDkKu8C&pg=PA2|data=1 de xaneiro de 2001|editorial=Greenwood Publishing Group|isbn=978-0-313-30620-4|páxina=2}}</ref><ref name="IhrieOropesa2011">{{cita libro|autor1=Maureen Ihrie|autor2=Salvador Oropesa|título=World Literature in Spanish: An Encyclopedia &#91;3 volumes&#93;: An Encyclopedia|url=https://books.google.com/books?id=zPDFHE_5besC&pg=PA332|data=20 de outubro de 2011|editorial=ABC-CLIO|isbn=978-0-313-08083-8|páxina=332}}</ref><ref name="Haskin2012">{{cita libro|autor=Jeanne M. Haskin|título=From Conflict to Crisis: The Danger of U.S. Actions|url=https://books.google.com/books?id=O9hr0Ze14H0C&pg=PA152|ano=2012|editorial=Algora Publishing|isbn=978-0-87586-961-2|páxina=152}}</ref>
 
Dende finais do século XIX até mediados do século XX, O Salvador padeceu inestabilidade política e económica crónicas, caracterizadas por golpes de estado, revoltas e unha sucesión de líderes [[autoritarismo|autoritarios]]. A persistente [[desigualdade social]] e o malestar social culminaron na devastadora [[guerra civil do Salvador]] (1979–1992), entre o goberno militar e unha coalición de [[Loita de guerrillas|grupos guerreiros]] de [[Esquerda política|esquerda]]. O conflito rematou cos [[Acordos de Paz de Chapultepec]], que posibilitaron o estabelecemento unhadunha república constitucional multipartidista que se mantén até o presente.
 
== Historia ==