Guerra de Inverno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
One2 (conversa | contribucións)
m É CI. permitían pasar ás forzas aliadas = permitían ás forzas aliadas pasar, permitíanlles pasar
Liña 235:
Cara a mediados de febreiro quedou claro que as forzas finlandesas se achegaban rapidamente á extenuación. Para os soviéticos, as baixas eran altas, a situación era unha fonte de vergoña para o réxime soviético, e había risco dunha intervención franco-británica. Ademais, co desxeo de primavera aproximándose, as forzas soviéticas arriscábanse a perderse nos bosques. O ministro de exteriores finlandés, [[Väinö Tanner]], chegou a Estocolmo o [[12 de febreiro]] e negociou os termos de paz cos soviéticos a través dos suecos. Representantes alemáns, non conscientes de que as negociacións se estaban levando a cabo, suxeriron o [[17 de febreiro]] que Finlandia negociase coa Unión Soviética.{{Harvnp|Trotter|2002|pp=246–247}}
 
Tanto os alemáns como os suecos desexaban que a guerra rematara. [[Alemaña]] temía perder o ferro do norte de Suecia e ameazou con atacar se os suecos permitían pasar asás forzas aliadas. Os alemáns tiñan un plan teórico de invasión chamado ''Studie Nord'' contra os países escandinavos, que posteriormente se converteu na [[Operación Weserübung]].{{Harvnp|Edwards|2006|p=261}} Cando o Consello de Ministros de Finlandia vacilou ante as duras condicións soviéticas, o rei sueco [[Gustavo V de Suecia|Gustavo V]] fixo unha declaración pública o [[19 de febreiro]], na cal confirmaba que rexeitara as peticións dos finlandeses para que se enviasen tropas suecas. O [[25 de febreiro]] describíronse en detalle os termos de paz soviéticos, e o [[25 de febreiro]] o goberno finlandés aceptounos e amosouse disposto a iniciar as negociacións.{{Harvnp|Trotter|2002|pp=247–248}}
 
=== Últimos días da guerra ===