Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
A vida de Fernando ficou marcada por unha loita dobre: contra o [[islam]], no Danubio, onde, tras a morte de seu cuñado Luís II en 1516, foi elixido rei da Bohemia e Hungría, debendo conter o adianto otomán sobre [[Viena]]. Non conseguiu tomar Buda en 1541 e tería que asinar unha tregua de oito anos (1562) pagando tributo annal ao sultán e recoñecemento, na Transilvania, da dinastía rival de Xoán Zápolya. A súa segunda loita estivo en contra os protestantes, cunha relativa indiferenza. Fernando, alumno e amigo dos xesuítas, deixárase influenciar na súa estadía en Flandres polos humanistas, sobre todo Erasmo. Participara da Asemblea de Ratisbona en 1524, que decidiu a reforma católica na Alemaña, constituíu cos cinco cantóns católicos primitivos de Suíza unha Unión Cristiá, en 1529, para combater a herexia protestante, asinou coa Liga de Esmalcalda o Tratado de Kadan e esmagou a revolta dos señores checos en Bohemia.
 
En 1540, [[Xoán Sexismundo Zápolya]], fillo de Xoán con Sabela Jagelán, foi elixido rei de Hungría, inicialmente apoiado polo rei seu tío, Sexismundo II de Polonia e Lituania, irmán de Sabela. En 1549 un tratado foi asinado entre os Habsburgos e o soberano polaco: a Polonia ficou neutra no conflito cos Habsburgos e Sexismundo II casou con Isabel de Habsburgo, filla de Fernando I.
 
Como soberano de Austria, Bohemia e Hungría, Fernando I tentou centralizar e construír unha monarquía absoluta moderna. En 1527 editou unha constitución para os seus dominios hereditários (Hofstaatsordnung) e estabeleceu institucións á moda austríaca en Bratislava para [[Hungría]], en [[Praga]] para a [[Bohemia]] e en Wrockaw (Breslau) para a [[Silesia]]. Unha forte oposición dos nobres forzouno en 1559 a declarar tales institucións libres de supervisión polo goberno central en [[Viena]].