Xoán Sexismundo Zápolya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Logo de resistir durante dous séculos os ataques [[Imperio Otomán|turcos otománs]], Hungría finalmente foi derrotada en [[1526]] na [[batalla de Mohács]], onde morreu o rei [[Lois II de Hungría]]. Ó non deixar herdeiros, axiña o voivoda de Transilvania, o conde húngaro [[JuanXoán I Szapolyai|Xoán de Zápolya]] e [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando I de Habsburgo]], irmán do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador xermánico]] fixéronse coroar como reis [[Hungría|húngaros]] e continuaron unha serie de loitas por conservar o control do reino. Posto que o rei Xoán I de Hungría non tiña fillos herdeiros, trala súa morte, Fernando Habsburgo e os seus descendentes serían os reis húngaros.
[[Ficheiro:John_Sigismund_of_Hungary_with_Suleiman_the_Magnificient_in_1556.jpg|esquerda|miniatura|260x260px|Xoán Sexismundo Zápolya axeonllado perante o sultán [[Suleiman I|Suleimán o Magnífico]] en 1556.]]
Porén, en [[1540]] xusto antes de morrer, Xoán I decatouse de que a súa esposa a raíña Sabela Jagiellon (filla do rei [[Segismundo I Jagellón o Vello|Sexismundo I de Polonia]]) finalmente dera a luz un fillo home, ó cal chamaron Xoán Sexismundo Zápolya e de inmediato foi proclamado como sucesor no trono húngaro. Fernando axiña se decatou disto e mobilizou os seus exércitos cara a Hungría, tralo cal o sultán [[Suleiman I|Suleimán o Magnífico]] enfurecido decidiu que non se podía confiar nin nos húngaros nin nos xermánicos, pois pactaban en segredo ás súas costas.
Liña 18:
 
No acordo de Speyer entre Xoán Sexismundo e o emperador, Transilvania foi recoñecida como un Principado independente baixo vasalaxe ante os turcos otománs con Xoán Sexismundo á súa cabeza, selándose así a separación do reino húngaro en tres rexións político-administrativas independentes. Xoán Sexismundo morreu poucos meses logo da ratificación de devandito acordo en [[1571]], e o conde [[Estevo I Báthory]] foi elixido como novo Príncipe transilvano pola gran asemblea.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}