Joan Peiró: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 14:
Durante a década dos anos vinte sufriu a represión desencadeada polo Estado e a patronal contra o movemento obreiro. Tan só en 1920 sufriu dous atentados e foi detido e encarcerado en [[Soria]] e [[Vitoria]].
 
En 1922 foi elixido [[Secretario Xeralxeral da CNT]], celebrándose durante a súa xestión a Conferencia de Zaragoza, na que se aprobou a saída da organización da [[Internacional Sindical Vermella]] e a súa ligazón á reconstituída [[Asociación Internacional dos Traballadores]]. Nesta mesma conferencia Peiró defendeu xunto a [[Salvador Seguí|Seguí]], [[Ángel Pestaña|Pestaña]] e Viadiu a chamada «moción política», moi criticada polos sectores máis ortodoxos da organización.
 
Estableceuse en [[Mataró (Barcelona)|Mataró]] en 1922 e en 1925 dirixiu a constitución da cooperativa do vidro [[:ca:Cristalleries de Mataró|Cristalleries de Mataró]], que xa intentara organizar con anterioridade. Coa ditadura de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]] a CNT foi ilegalizada, clausuradas as súas sedes e suspendidas as súas publicacións. Moitos dos seus militantes foron detidos (como Peiró, encarcerado en 1925, 1927 e 1928). Este último ano foi novamente elixido Secretario Xeralxeral da CNT.
 
Criticou á [[UXT]] pola súa defensa de xurados mixtos durante aquela ditadura, e tamén a Pestaña, malia que coincidisen noutros aspectos. Tamén criticou ó sector máis anarquista do sindicato, e malia afiliarse á FAI, nunca militou nela, defendendo pola contra unha organización de masas e máis sindicalista, fronte ós grupos de acción e ás minorías de militantes dirixentes.