Guerra de Inverno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59:
O período posterior á guerra civil ata principios da década de 1930 foi unha época politicamente inestable en [[Finlandia]] debido á continua rivalidade entre os partidos conservador e socialista. O [[Partido Comunista de Finlandia]] foi declarado ilegal en [[1931]], e o nacionalista [[Lapuan liike]] (Movemento de Lapua) organizou actos violentos [[Anticomunismo|anticomunistas]], que culminaron no [[Rebelión de Mäntsälä|fracasado golpe de estado]] de [[1932]]. A partir de entón o heredeiro de Lapuan liike, o ultranacionalista [[Isänmaallinen kansanliike]] (Movemento Patriótico Popular) tivo unha presenza minoritaria na política nacional (a súa máxima representación foi de 14 escanos dos 200 que conformaban o [[Parlamento de Finlandia|Parlamento]]).{{Harvnp|Edwards|2006|pp=26–27}} A finais da década de 1930 a economía finesa, orientada cara á exportación, estaba en crecemento e os movementos políticos extremos do país diminuíran.{{Harvnp|Edwards|2006|p=18}}
[[File:Schutzcor1940.jpg|thumb|left|Unha postal de propaganda soviética de 1940 que di "o can fascista gruñe" en referencia á [[Finlandia Branca|Garda Branca]] (''Шюцкор''), as forzas paramilitares que xogaron un papel na derrota dos [[República Socialista dos Traballadores de Finlandia|Vermellos]] socialistas en Finlandia durante a [[Guerra civil finlandesa|guerra civil]] de 1918.]]
Despois da intervención soviética na [[guerra civil finlandesa]] en [[1918]], non se asinou ningún tratado de paz formal. En 1918 e [[1919]] forzas voluntarias finesas levaron a cabo dúas incursións militares sen éxito a través da fronteira rusa: as expedicións [[expedición Viena|Viena]] e [[expedición Aunus|Aunus]], para anexionar áreas de [[Carelia]] segundo a ideoloxía da [[Gran Finlandia]] de unir a todos os [[pobos fínicos]] nun só estado. En [[1920]] comunistas fineses baseados na [[República Socialista Soviética Federativa de Rusia|Rusia Soviética]] intentaron asasinar ao antigo comandante en xefe da finesa Suojeluskunta (Garda Branca), o mariscal [[Carl Gustaf Emil Mannerheim]]. O [[14 de outubro]] de 1920, Finlandia e a Rusia Soviética asinaron o [[Tratado de Tartu (Finlandia-Rusia)|Tratado de Tartu]], confirmando a nova fronteira entre os dous países igual que a vella entre o [[Gran Ducado de Finlandia]] e o [[Imperio Ruso]]. Ademais, Finlandia recibiu [[Petsamo]], co seu porto libre de xeo no [[océano Ártico]].{{Harvnp|Polvinen|1987|pp=156–161, 237–238, 323, 454}}{{Harvnp|Engman|2007|pp=452–454}} A pesar da sinatura do tratado, as relacións entre os dous países mantivéronse tensas. O goberno finés permitiu a voluntarios cruzar a fronteira para apoiar o [[Levantamento de Karelia oriental e conflito soviético-finlandés de 1921–22|levantamento de Carelia Oriental]] en [[1921]], e os comunistas fineses na [[Unión Soviética]] continuaron preparando un desquite cruzando a fronteira e realizaron un ataque dentro de Finlandia, coñecido como "[[Läskikapina]]" (motín da carne de porco), en [[1922]].{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=30–33}} En [[1932]] a Unión Soviética asinou un [[Pacto de non -agresión soviético-finlandés|pacto de non-agresión]] con Finlandia, que foi reafirmado por un período de 10 anos ennen [[1934]].{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=30–33}} Porén, as relacións entre os dous países mantivéronse en gran medida ''de minimis''. Mentres que o comercio exterior de Finlandia estaba en auxe, menos do 1% do mesmo producíase coa Unión Soviética.{{Harvnp|Edwards|2006|p=31}} En [[1934]], a Unión Soviética uniuse á Sociedade de Nacións.{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=30–33}}
[[Ficheiro:Soviet-finnish-nonaggression-pact-1932.png|miniatura|250px|Sinatura do pacto de non-agresión en 1932]]
 
[[Iosif Stalin]] considerou decepcionante que a Unión Soviética non puidera deter a revolución finlandesa.{{Harvnp|Edwards|2006|pp=43–46}} Pensou que o movemento pro-finlandés en Carelia representaba unha ameaza directa para [[San Petersburgo|Leningrado]] e que a área e as defensas de Finlandia podían empregarse para invadir a Unión Soviética ou restrinxir os movementos da frota.{{Harvnp|Van Dyke|1997|p=13}} Durante a época de Stalin a propaganda soviética pintou os líderes fineses como unha "camarilla fascista, cruel e reaccionaria". O mariscal [[Carl Gustaf Emil Mannerheim|Carl Gustaf Mannerheim]] e [[Väinö Tanner]], o líder do Suomen Sosialidemokraattinen Puolue (Partido Socialdemócrata Finés), foron obxecto de desprezo en particular.{{Harvnp|Edwards|2006|pp=32–33}} Cando Stalin gañou o poder absoluto tras a Gran Purga de [[1938]], a [[Unión Soviética]] cambiou a súa política exterior cara a Finlandia a finais dosda anosdécada 30de 1930. A Unión Soviética comezou a perseguir a reconquista das provincias que ao tsarato ruso perdera durante o caos da [[Revolución de Outubro]] e da [[guerra civil rusa]] case dúas décadas antes. O líder soviético cría que o vello imperio tiña unha seguridade e unhas posesións territoriais ideais, e quería que a acabada de bautizar cidade de Leningrado a tan só 32 km da fronteira finlandesa, gozase dun nivel de seguridade semellante contra o poder crecente da [[Alemaña nazi]].{{Harvnp|Lightbody|2004|p=52}}{{Harvnp|Trotter|2002|p=15}} En esencia, a fronteira entre o Gran Ducado de Finlandia e a Rusia propiamente dita nunca debera converterse en internacional.{{Harvnp|Edwards|2006|pp=28–29}}{{Harvnp|Hallberg|2006|p=226}}
 
=== Negociacións ===
[[Ficheiro:Бухта Озерко, губа Бол. Мотка.jpg|miniatura|250px|A [[península de Rybachii]] en 2008. A Unión Soviética demandou que a península, o punto máis ao norte de Finlandia na época, fose cedida xunto con outras áreas para protexer os activos soviéticos.]]
En abril de [[1938]], o axente do [[NKVD]] [[Boris Yartsev]] contactou co ministro de asuntos exteriores finés [[Rudolf Holsti]] e co primeiro ministro [[Aimo Cajander]], afirmando que a Unión Soviética non confiaba en [[Alemaña nazi|Alemaña]] e que unha guerra entre os dous países era considerada posible. O Exército Vermello non agardaría pasivamente tras as fronteiras e "avanzaría para atoparse co inimigo". Os representantes fineses aseguráronlle a Yartsev que Finlandia se comprometía a unha política de neutralidade e que o país se oporía a calquera incursión armada. Yartsev suxeriulle a Finlandia que cedese ou arrendase algunhas das illas do [[golfo de Finlandia]] ao longo dos accesos marítimos a [[Leningrado]], pero Finlandia negouse.{{Harvnp|Trotter|2002|pp=12–13}}{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=32–33}}
 
As negociacións continuaron ao longo de [[1938]] sen resultados. A recepción finesa ás peticións soviéticas foi decididamente fría, xa que a violenta colectivización e as purgas de Stalin deron unha mala imaxe do país. Ademais, gran parte da elite comunista finesa na Unión Soviética fora executada durante a [[Gran Purga]], empanando aínda máis a súa imaxe en Finlandia. Ao mesmo tempo, Finlandia estaba intentando negociar un plan de cooperación militar con [[Suecia]], coa esperanza de conseguir unha defensa conxunta das illas Åland.{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=34–35}}
Liña 80:
O [[26 de novembro]] informouse dun incidente na fronteira preto da vila soviética de [[Mainila]]. Un posto fronteirizo soviético foi bombardeado por descoñecidos co resultado, segundo informes soviéticos, de catro gardas mortos e nove feridos. As investigacións realizadas por varios historiadores fineses e rusos chegaron á conclusión de que o ataque foi unha [[operación de bandeira falsa]] realizada dende o lado soviético da fronteira por unha unidade do [[NKVD]], co propósito de proporcionarlle á [[Unión Soviética]] un ''[[casus belli]]'' e un pretexto para rematar o pacto de non-agresión.{{Harvnp|Ries|1988|pp=77–78}}{{refn|group=lower-alpha|O papel soviético confírmase nas memorias de [[Nikita Khrushchev|Khrushchev]], onde afirma que o Mariscal de Artillaría [[Grigorii Kulik]] supervisara persoalmente o bombardeo da aldea soviética.{{Harvnp|Edwards|2006|p=105}}{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=44–45}}}}
[[Ficheiro:Press at Mainila.jpg|miniatura|O 29 de novembro de 1939, [[xornalista|prensa]] estranxeira en Mainila, onde un [[Incidente de Mainila|incidente fronteirizo]] entre Finlandia e a Unión Soviética desencadeou a Guerra de Inverno.]]
O ministro de exteriores soviético, [[Vyacheslav Molotov]], afirmou que foi un ataque da artillaría finesa e esixiu que [[Finlandia]] se desculpase polo incidente e movese as súas tropas a 20–25&nbsp;km da fronteira.{{Harvnp|Tanner|1950|pp=85–86}} Finlandia negou a súa responsabilidade polo ataque, rexeitou as demandas e solicitou unha comisión soviético-finesa para investigar os feitos. A Unión Soviética dixo entón que a resposta finesa fora hostil e renunciou ao pacto de non-agresión o [[28 de novembro]]. Nos anos seguintes, a historiografía soviética describiu o incidente como unha provocación finesa. As dúbidas sobre a versión oficial soviética só apareceron a finais dosda anosdécada 80de 1980, nos tempos da ''[[glasnost]]''. Porén, o feito continuou dividindo a historiografía rusa mesmo despois do [[Disolución da Unión Soviética|colapso da Unión Soviética]] en 1991.{{Harvnp|Kilin|2007a|pp=99–100}}<ref>[[#Aptekar|Aptekar (2009)]]</ref>
 
En 2013, o presidente ruso [[Vladimir Putin]] declarou nunha reunión con historiadores militares que a Unión Soviética iniciara a Guerra de Inverno para "corrixir os erros" realizados na determinación da fronteira con Finlandia logo de 1917.<ref>[[#Yle2013|Yle News (2013)]]</ref> A opinión sobre a escala da invasión soviética inicial está dividida: algunhas fontes conclúen que a Unión Soviética tiña a intención de conquistar completamente Finlandia, e citan o establecemento dun goberno comunista títere no país e os protocolos secretos do Pacto Ribbentrop-Molotov como proba das súas conclusións.{{refn|group=lower-alpha|Véxanse as seguintes fontes:{{Harvnp|Manninen|2008|pp=37, 42, 43, 46, 49}}{{Harvnp|Rentola|2003|pp=188–217}}{{Harvnp|Ravasz|2003|p=3}}{{Harvnp||Clemmesen|Faulkner|2013|p=76}}{{Harvnp|Zeiler|DuBois|2012|p=210}}}} O historiador húngaro István Ravasz escribiu que o [[Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética|Comité Central]] establecera que en 1939 as antigas fronteiras do imperio tsarista serían restauradas, incluída Finlandia.{{Harvnp|Ravasz|2003|p=3}} O científico político americano [[Dan Reiter]] declarou que a Unión Soviética "buscaba impoñer un cambio de réxime" e polo tanto "obter unha vitoria absoluta". Cita a Molotov, quen comentou en novembro de 1939 sobre o planoplan de cambio de réxime a un embaixador que o novo goberno "non será soviético, senón un dunha república democrática. Ninguén vai establecer soviets aló, mais esperamos será un goberno co que poidamos chegar a acordos para garantir a seguridade de Leningrado".{{Harvnp|Reiter|2009|p=124}}
 
Outros argumentan en contra da idea dunha conquista completa soviética. O historiador estadounidense [[William R. Trotter]] afirma que o obxectivo de Stalin era asegurar o flanco de Leningrado dunha posible invasión alemá a través de Finlandia. Afirmou que "o argumento máis forte" en contra da intención soviética de conquista total é que esta non se produciu nin en 1939 nin durante a [[Guerra de Continuación]] en 1944—a pesar de que Stalin "podería telo feito con relativa facilidade".{{Harvnp|Trotter|2002|p=17}} Bradley Lightbody escribiu que "todo obxectivo soviético fora facer que a fronteira soviética fora máis segura".{{Harvnp|Lightbody|2004|p=55}} Segundo o historiador ruso A. Chubaryan en 2002, non se atoparon documentos que apoien un planoplan soviético para anexar Finlandia. Máis ben, o obxectivo era gañar territorio finlandés e reforzar a influencia soviética na rexión.{{Harvnp|Chubaryan|2002|p=xvi}}
 
== Forzas en combate ==
=== Plan militar soviético ===
Antes da guerra, o liderado soviético agardaba unha vitoria total sobre [[Finlandia]] nunhas poucas semanas. O [[Exército Vermello]] acababa de rematar a invasión do leste de [[Polonia]] con menos de 4&nbsp;000 baixas logo de que Alemaña atacara Polonia dende o oeste. As expectativas de Stalin dun rápido triunfo soviético foron amparadas polo político [[Andrei Zhdanov]] e o estratego militar [[Kliment Voroshilov]], pero outros xenerais tiñan as súas dúbidas. O xefe do Estado Maior do Exército Vermello, [[Boris Shaposhnikov]], avogou por unha seria preparación loxística, extenso apoio de fogo e preparaciónorganización loxística, e unha orde racional de batalla, despregando as mellores unidades do exército. O mando militar de Zhdanov, [[Kirill Meretskov]], informou: "O terreo das futuras operacións está dividido por lagos, ríos, pantanos, e case na súa totalidade cuberto por bosques&nbsp;[...] O uso axeitado das nosas forzas será difícil". Porén, esas dúbidas non se viron reflectidas no seu despregamento das tropas. Meretskov anunciou publicamente que a campaña finesa levaría como moito dúas semanas. Os soldados soviéticos tamén foran advertidos de que non cruzasen a fronteira con [[Suecia]] por erro.{{Harvnp|Trotter|2002|p=34}}
 
As purgas de Stalin da década de 1930 devastaran o corpo de oficiais do Exército Vermello; entre os purgados estaban tres dos seus cinco mariscais, 220 dos seus 264 mandos de división e rangos máis altos, e 36&nbsp;761 oficiais de todas as graduacións. Menos da metade dos oficiais continuaban en servizo.{{Harvnp|Conquest|2007|p=450}}{{Harvnp|Bullock|1993|p=489}} Estes foron comunmente substituídos por soldados menos competentes pero máis leais queca os seus superiores. Por outra banda, os mandos das unidades estaban supervisados por un comisario político, cuxa aprobación era necesaria para ratificar decisións militares e que avaliaron estas decisións en base aos seus méritos políticos. O sistema dual complicou aínda máis a cadea de mando soviética{{Harvnp|Glanz|1998|p=58}}{{Harvnp|Ries|1988|p=56}} e acabou coa independencia dos oficiais de mando.{{Harvnp|Edwards|2006|p=189}}
 
Despois do éxito soviético nas [[batallas de Khalkhin Gol]] sobre o Xapón na fronteira oriental da Unión Soviética, o alto mando soviético estaba dividido en dúas faccións. Unha delas estaba representadorepresentada polo xeneral de veteranos da [[guerra civil española]] [[P V. Rychagov]] representando áda Forza Aérea Soviética, o xeneral experto en tanques [[Dimitry Pavlov]], e o xeneral favorito de Stalin, o mariscal [[Grigory Kulik]], xefe de artillaría.{{Harvnp|Coox|1985|p=996}} O outro bando estaba liderado polo xeneral de veteranos de Khalkhin Gol [[Gueorgui Zhukov]], do Exército Vermello, e o xeneral [[G. P. Kravchenko]], da Forza Aérea.{{Harvnp|Coox|1985|pp=994–995}} Baixo esta estrutura de mando dividida, as leccións da "primeira guerra real a grande escala usando tanques, artillaría e aviación" da Unión Soviética en [[Nomonhan]] non foron escoitadas.{{Harvnp|Coox|1985|p=997}} Como resultado, durante a guerra de Inverno, os tanques BT rusos tiveron menos éxito e á Unión Soviética levoulle tres meses e un millón de homes máis para conseguir o que fixo Zhukov en Khalkhin Gol en dez días.{{Harvnp|Coox|1985|p=997}}{{Harvnp|Goldman|2012|p=167}}
 
=== Orde de batalla soviética ===