Vampiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 31.4.204.250 (conversa); cambiado á última versión feita por HacheDous=0
Etiqueta: Reversión
Liña 1:
{{sen notas}}
Un '''vampiro''' é, na cultura popular de varios países, unha criatura que se alimenta de sangue de seres vivos para manterse activo. Probablemente a base da maioría das ideas acerca de vampiros que forman parte da cultura popular actual sexa o libro ''[[Drácula]]'' de [[Bram Stoker]], e as películas de [[cinema]] baseadas nel, como tu estampa, en algun sitio lo tendre k poner te amoo i s r , y te esperare to lo k haga falta''[[Nosferatu]]'' e ''[[Drácula de Bram Stoker]]''. Algúns estudosos do vampirismo suxeriron que estas lendas se achan relacionadas total ou parcialmente con casos de patoloxías reais como a [[rabia]]; interesante o estudo do neurólogo español Juan Gómez Alonso ''Os vampiros á luz da medicina''; ou a [[porfiria]]. Xunto co [[home lobo]], o vampiro é quizais o máis famoso ser sobrenatural da cultura popular humana.
 
A palabra "vampiro" vén das [[linguas eslavas]] (do [[lingua alemá|alemán]] ''vampir'', que se deriva do [[lingua polaca|polaco]] temperán ''vaper'' e este á súa vez do eslavo arcaico ''oper''; con raíces [[sociedade protoindoeuropea|indoeuropeas]] paralelas no [[lingua turca|turco]] e no [[lingua persa|persa]]). Significa á vez "ser voador", "beber ou chupar" e "[[lobo]]", ademais de facer referencia a certo tipo de [[morcego]]. Durante a expansión do [[Romanticismo]] en [[Europa]], a principal reacción ó período previo de [[Ilustración]] [[Enciclopedia|enciclopédica]] e [[Racionalismo|racionalista]], o vampiro converteuse nunha temática común e pasou da lenda oral ós castelos e os salóns elegantes.