Guerra de Inverno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59:
O período posterior á guerra civil ata principios da década de 1930 foi unha época politicamente inestable en [[Finlandia]] debido á continua rivalidade entre os partidos conservador e socialista. O [[Partido Comunista de Finlandia]] foi declarado ilegal en [[1931]], e o nacionalista [[Lapuan liike]] (Movemento de Lapua) organizou actos violentos [[Anticomunismo|anticomunistas]], que culminaron no [[Rebelión de Mäntsälä|fracasado golpe de estado]] de [[1932]]. A partir de entón o heredeiro de Lapuan liike, o ultranacionalista [[Isänmaallinen kansanliike]] (Movemento Patriótico Popular) tivo unha presenza minoritaria na política nacional (a súa máxima representación foi de 14 escanos dos 200 que conformaban o [[Parlamento de Finlandia|Parlamento]]).{{Harvnp|Edwards|2006|pp=26–27}} A finais da década de 1930 a economía finesa, orientada cara á exportación, estaba en crecemento e os movementos políticos extremos do país diminuíran.{{Harvnp|Edwards|2006|p=18}}
[[File:Schutzcor1940.jpg|thumb|left|Unha postal de propaganda soviética de 1940 que di "o can fascista gruñe" en referencia á [[Finlandia Branca|Garda Branca]] (''Шюцкор''), as forzas paramilitares que xogaron un papel na derrota dos [[República Socialista dos Traballadores de Finlandia|Vermellos]] socialistas en Finlandia durante a [[Guerra civil finlandesa|guerra civil]] de 1918.]]
Despois da intervenciónsintervención soviética na [[guerra civil finlandesa]] en [[1918]], non se asinou ningún tratado de paz formal. En 1918 e [[1919]] forzas voluntarias finesas levaron a cabo dúas incursións militares sen éxito a través da fronteira rusa: as expedicións [[expedición Viena|Viena]] e [[expedición Aunus|Aunus]], para anexionar áreas de [[Carelia]] segundo a ideoloxía da [[Gran Finlandia]] de unir a todos os [[pobos fínicos]] nun só estado. En [[1920]] comunistas fineses baseados na [[República Socialista Soviética Federativa de Rusia|Rusia Soviética]] intentaron asasinar ao antigo comandante en xefe da finesa Suojeluskunta (Garda Branca), o mariscal [[Carl Gustaf Emil Mannerheim]]. O [[14 de outubro]] de 1920, Finlandia e a Rusia Soviética asinaron o [[Tratado de Tartu (Finlandia-Rusia)|Tratado de Tartu]], confirmando a nova fronteira entre os dous países igual que a vella entre o [[Gran Ducado de Finlandia]] e o [[Imperio Ruso]]. Ademais, Finlandia recibiu [[Petsamo]], co seu porto libre de xeo no [[océano Ártico]].{{Harvnp|Polvinen|1987|pp=156–161, 237–238, 323, 454}}{{Harvnp|Engman|2007|pp=452–454}} A pesar da sinatura do tratado, as relacións entre os dous países mantivéronse tensas. O goberno finés permitiu a voluntarios cruzar a fronteira para apoiar o [[Levantamento de Karelia oriental e conflito soviético-finlandés de 1921–22|levantamento de Carelia Oriental]] en [[1921]], e os comunistas fineses na [[Unión Soviética]] continuaron preparando un desquite cruzando a fronteira e realizaron un ataque dentro de Finlandia, coñecido como "[[Läskikapina]]" (motín da carne de porco), en [[1922]].{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=30–33}} En [[1932]] a Unión Soviética asinou un [[Pacto de non -agresión soviético-finlandés|pacto de non-agresión]] con Finlandia, que foi reafirmado por un período de 10 anos enn [[1934]].{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=30–33}} Porén, as relacións entre os dous países mantivéronse en gran medida ''de minimis''. Mentres que o comercio exterior de Finlandia estaba en auxe, menos do 1% do mesmo producíase coa Unión Soviética.{{Harvnp|Edwards|2006|p=31}} En [[1934]], a Unión Soviética uniuse á Sociedade de Nacións.{{Harvnp|Turtola|1999a|pp=30–33}}
[[Ficheiro:Soviet-finnish-nonaggression-pact-1932.png|miniatura|250px|Sinatura do pacto de non-agresión en 1932]]
 
Liña 108:
{{VT|Exército finés}}
[[Ficheiro:Winterwar-december1939-soviet-attacks.png|miniatura|Principais ataques soviéticos entre o 30 de novembro e o 22 de decembro de 1939.{{Harvnp|Trotter|2002}}{{Harvnp|Leskinen|Juutilainen|1999}}]]
A estratexia finesa foi ditada pola xeografía. A fronteira coa Unión Soviética tiña máis de 1 340 quilómetros de longo, pero a meirande parte do terreo era intransitable, coa excepción dun feixe de estradas sen pavimentar. Nos cálculos previos á guerra, o Estado Maior finés, que establecera o seu cuartel xeral en tempos de guerra en [[Mikkeli]],{{Harvnp|Trotter|2002|pp=35–36}} estimou que habería sete divisións soviéticas no istmo, e non máis de cinco ao longo de toda a fronteira ao norte do lago Ladoga. Na estimación, a ratioproporción de efectivos favorecía os atacantes, que tiñan 3 veces máis forzas. OA ratioproporción verdadeiroreal era moito maior; por exemplo, 12 divisións soviéticas foron despregadas no norte do lago Ladoga.{{Harvnp|Trotter|2002|pp=42–44}}
 
Un problema aínda maior que a falta de soldados era a falta de material; os envíos do exterior de armas antitanque e avións chegaran en pequenas cantidades. A falta munición era alarmante, xa que só había balas e combustible para non máis de 60 días. Esta falta de munición impedía aos fineses contraatacar coa artillaría ou facer fogo de saturación. As unidades de tanques finesas eran operacionalmente inexistentes.{{Harvnp|Trotter|2002|pp=42–44}} A situación da munición aliviouse un pouco, xa que os finlandeses estaban armados en gran parte con rifles [[Mosin–Nagant]] que databan da [[guerra civil finlandesa]], que empregaban os mesmos cartuchos [[7.62×54mmR]] empregados polas forzas soviéticas. Algúns soldados finlandeses mantiveron a súa subministración de municións saqueando os corpos dos soldados soviéticos mortos.{{Harvnp|Laemlein|2013|pp=95–99}}