Consello Soberano de Asturias e León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m →‎Historia e características: Confederación Nacional do Traballo
Liña 4:
== Historia e características ==
[[Ficheiro:Frente_del_Norte_-_Spanish_Civil_War_(March-Sept_1937).svg|miniatura|250px|Fronte do norte]]
A situación de illamento da fronte do norte, a 200 quilómetros en liña recta das posicións republicanas máis próximas, coa subseguinte escaseza de abastecementos bélicos e alimentarios, propiciou que poderes locais asumiran funcións que eran competencia do goberno da República, coma o mando das milicias ou a cuñaxe de moedas. En [[Principado de Asturias|Asturias]], onde a [[UXT]] e a [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] tiñan unha grande implantación, vivírase unha especie de revolución de carácter [[socialismo|socialista]] con tinguidura [[libertaria]]s.
 
=== Declaración de soberanía ===
Liña 10:
 
=== Reaccións políticas ===
O Consello Soberano −que se atribuíra poderes que eran competencia única do Goberno da República− presidíao [[Belarmino Tomás]] e nel estaban representadas as diferentes organizacións políticas e sindicais do [[bando republicano]] en Asturias como a [[Federación Socialista Asturiana|FSA]]-[[PSOE]], a [[CNT]], a [[Federación Anarquista Ibérica|FAI]], a [[Federación Ibérica de Juventudes Libertarias|JJLL]], a [[Juventudes Socialistas Unificadas|JSU]], o [[Partido Comunista de España|PCE]], a [[UXT]] e [[Izquierda Republicana]]. Unha parte destas organizacións da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] criticará a actuación, cualificando a idea de prexudicial, antiunitaria e [[cantonalismo|cantonalista]].
 
A idea do Consello Soberano era apoiada por Belarmino Tomás e a maioría de dirixentes do PSOE, así como por [[Segundo Blanco]] e outros responsábeis da CNT. O PCE criticou a decisión. Rafael Fernández, secretario xeral das federacións asturianas do PSOE e a JSU, condenou o decreto e a soberanía. Os dous representantes da UXT tiveron unha opinión diferente cada un. Os conselleiros de Izquierda Republicana reprobaron a decisión.