Lev Landau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
ligazóns interna
Liña 6:
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Bakú]], hoxe en día capital de [[Acerbaixán]] e entón parte do [[Imperio Ruso]], nunha familia de ascendencia [[xudeu|xudía]]. Cando era novo tivo interese nas matemáticas, ingresando en [[1922]] na Universidade de Bakú estudando á vez [[física]], [[matemáticas]] e [[química]]. En [[1924]] trasladouse á Universidade de [[Leningrado]] e en [[1927]] licenciouse en física.
 
== A escola Landau ==
En [[1929]] realizou unha viaxe a [[CopenhaguenCopenhague]] para coñecer a [[Niels Bohr]] co cal discutiu longamente sobre [[física teórica]], introducindo a gran tradición na física teórica na [[Unión Soviética]]. Tivo un amplo campo de traballo, que inclúe a teoría da [[supercondutividade]] e a [[superfluidez]], a [[electrodinámica cuántica]], a [[física nuclear]] e a [[física de partículas]]. Foi a cabeza da división teórica do Instituto para os Problemas Físicos a partir de [[1937]], cargo que ocupou ata o ano [[1962]] que, como resultado dun accidente de coche no cal sufriu lesións das cales nunca se recuperou, renunciou ao seu cargo. Baixo as súas ordes tivo un bo grupo de investigadores como [[Lev Pitaevskii]], [[Alexei Alexeevich Abrikosov]], [[Evgeny Lifshitz]], [[Lev Gorkov]], [[Isaak Khalatnikov]] ou [[Boris Ioffe]].
 
Foi arrestado por mandato de [[Iosif Stalin]] e [[Lavrenti Beria]] durante a [[Gran Purga]] de [[1938]], sendo expulsado de Moscova entre o [[27 de abril]] daquel ano e o [[29 de abril]] de [[1939]], tras a intervención do físico [[Petr Kapitsa]].
Liña 20:
== Véxase tamén ==
{{Portal|Rusia}}
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Universidade Estatal de Bakú]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1962/index.html Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1962] {{en}}.