Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Celebración do comicio: Confederación Nacional do Traballo
A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a [[Ditadura de Primo de Rivera|Ditadura]] caía, a [[Segunda República Española|República]] xa se albiscaba e as distintas fraccións do republicanismo galego non se poñían de acordo. Daquela tomouse a decisión de converxer todos os republicanos da rexión nun só feixe, con vistas a acelerar o proceso de caída do réxime monárquico e preparar o terreo para a República. Fíxose unha reunión clandestina en Roxos (Santiago) pero alguén debeu traizoalos e por iso finalmente [[Jesús San Luís Romero]] acompañado por [[Constante Nogueira]] e [[Andrés Suárez]] tiveron que marchar ó Pazo de Hermida, onde o vello republicano [[José Vázquez Batalla]] lles ofreceu a súa casa para celebrar o comicio clandestino.
 
A reunión, á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións que compoñían o espectro republicano, tivo lugar o 26 de marzo de 1930. Nun primeiro plano estaba a [[ORGA]], promotora do acto, e o [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] cos seus respectivos líderes á cabeza, [[Casares Quiroga]] e [[Gerardo Abad Conde|Abad Conde]]. Xunto a eles, o [[Partido Radical-Socialista]], o [[Partido Republicano Federal]], unha representación da sección galega da [[Federación Universitaria Escolar|FUE]] e algúns republicanos a título persoal, así como varios sindicalistas ex-militantes da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]. En total, máis de medio cento de asembleístas.
 
Tras os debates de rigor, os asistentes acordaron a creación da [[Federación Republicana Gallega]] co obxectivo da implantación do réxime republicano democrático en España e loitar pola autonomía de Galicia. A Federación Republicana Galega, acabada de crear, enviou a Santiago Casares Quiroga como delegado ó [[pacto de San Sebastián]].
101.308

edicións