Abrir o menú principal

Cambios

m
 
* Michael Coe, profesor emérito de antropoloxía en Yale, curador do museo Peabody de Yale e coautor do libro ''The True History of Chocolate'' (1996), afirma que a palabra ''xocolātl'' "non aparece en ningún texto ou fonte antiga (previa á conquista), en lingua náhuatl, a linguaxe da cultura azteca". El ademais cita o distinguido filólogo mexicano Ignacio Dávila Garibi, quen propón que "os españois crearon a palabra ao tomar a palabra maia ''chocol'' e logo substituíron o termo maia ''haa «auga»'', coa azteca ''atl''."
* O [[Filoloxía|filólogo]] [[Joan Coromines i Vigneaux|Joan Corominas]] expón a seguinte hipótese: como as noticias máis antigas acerca da preparación desta beberaxe son de que os antigos mexicanos o facían con semente de [[ceiba]] (''pochotl'') e de [[cacao]] (''cacahuatl''), quizais proveña de ''pocho-cacahua-ātl'', bebida de [[cacao]] e [[ceiba]], abreviado polos españois en ''chocahuatl''; na forma actual puido haber influxo fonético doutras beberaxes mexicanoas, como ''pozolātl'' (bebida de [[millo]] cocido), ''pinolātl'' (bebida de [[pinole]]) e ''chilātl'' (bebida de [[capsicumPemento|chile]]).
* Segundo o misioneiro inglés [[Thomas Gage]], que se referiu ao chocolate en [[1648]], o termo tería unha orixe [[Onomatopea|onomatopeica]], pois ''xoc'' imitaría o ruído que producía a bebida cando se axitaba no recipiente no que se preparaba ou batía.
 
101.306

edicións