Diferenzas entre revisións de «Tempo Medio de Greenwich»

sen resumo de edición
 
Durante moitos anos os reloxos máis precisos que existían eran o movemento da [[Terra]] ao redor do seu eixo e ao redor do [[Sol]]. A partir deles definíase todo o demais relacionado co [[tempo]]. Unha volta da Terra ao redor do Sol era un [[ano (astronomía)|ano]], unha volta da Terra sobre si mesma era un [[día]], que se dividía en 24 horas, a hora en 60 minutos e o minuto en 60 segundos. En [[1900]] definiuse un [[segundo (unidade de tempo)|segundo]] 1/86.400 dun [[día solar medio]].
 
Isto era suficientemente preciso para as actividades cotiás, pero aos poucos foise observando que a Terra non era o mellor [[reloxo]]. As [[marea]]s fan diminuír o seu xiro con certa regularidade pero, ademais, hai outras influencias que fan que a duración dese xiro non sexa constante. As diferenzas non afectan a vida cotiá pero si poden afectar áa precisión da [[Navegación marítima|navegación]] ou áa posición dos [[satélite artificial|satélites artificiais]], por exemplo.
 
{{Control de autoridades}}
Usuario anónimo