Panzer I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Desenvolvemento: arranxiño
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *conceto
Liña 22:
O [[Tratado de Versalles]] de [[1919]] prohibíu o deseño, fabricación e despregue de carros de combate dentro do ''[[Reichswehr]]''. O parágrafo 24 do tratado prevía unha multa de 100.000 marcos e prisión de ata seis meses para calquera que "[fabricase] vehículos blindados, carros de combate ou máquinas semellantes, que puidesen ser convertidos a uso militar"<ref>Guderian, Achtung-Panzer!, p. 133</ref>.
 
A pesar das limitacións de man de obra e técnicas impostas ao exército alemán polo Tratado de Versalles, varios oficiais do ''Reichswehr'' estableceron un Estado Maior clandestino para estudar a [[primeira guerra mundial]] e desenvolver futuras estratexias e tácticas. Aínda que ao principio o concetoconcepto de carro de combate como arma de guerra móbil foi acollido con apatía, a industria alemá animouse en silecio a estudar o deseño destes vehículos, mentres levouse a cabo a cooperación silenciosa coa [[Unión Soviética]]<ref>Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, pp. 6–7</ref>. Houbo tamén cooperación militar a pequena escala con [[Suecia]], como a estracción de datos técnicos que resultaron moi valiosos nos primeiros deseños de carros alemáns<ref>Perett, German Light Panzers: 1932–42, p.4</ref>. Xa a comezos de [[1926]] varias compañías alemás, como [[Rheinmetall]] e [[Daimler-Benz]], fabricaran un prototipo armado cun gran canón de 75mm (chamado ''Großtraktor'', "gran tractor", para agochar o verdadeiro propósito do mesmo)<ref name=FrancoPanzerI3>Franco, ''Panzer I: El Inicio de una Saga'', p.3</ref>. Só dous anos despois as compañías alemás fabricaron prototipos do novo ''[[Leichttraktor]]'' ("tractor lixeiro"), armado con canóns de 37mm KwK L/45<ref>Franco, Panzer I: El Inicio de una Sage, p.3; Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p.7</ref>. O ''Großtraktor'' foi posteriormente posto en servizo durante un breve período de tempo coa División Panzer 1; o ''Leichttraktor'' estivo a proba ata o ano [[1935]]<ref name=FrancoPanzerI3 />.
 
Nos últimos anos 20 e primeiros 30 a teoría dos carros alemáns foi iniciada por dúas figuras: o xeneral [[Oswald Lutz]] e o seu xefe de gabinete, o tenente coronel [[Heinz Guderian]]. Guderian converteuse no máis influente dos dous, e as súa ideas foron amplamente publicitadas. Ao igual que o seu contemporáneo Sir [[Percy Hobart]], Guderian inicialmente concebíu uns corpos blindados (''panzerkorps'') compostos por varios tipos de carros de combate. Isto incluía un carro de infantería lento, armado cun canón de pequeno calibre e varias metralladoras. O carro de combate de infantería, segundo Guderian, estaría fortemente blindado para defenderse de canóns ati-carro e artillería inimiga. Tamén concebíu un carro de avance rápido, semellante ao [[Cruiser]] británico, que estaría blindado contra armas anti-carro inimigas e levaría un canón principal de 75mm. Por último, [[Alemaña]] precisaría un carro pesado, cun gran canón de 150mm para derrotar fortificacións inimigas, e cunha forte blindaxe. Dito carro de combate requeriría un peso de entre 70 e 100 toneladas e era completamente debido ás capacidades de fabricación da época<ref>Guderian, Achtung-Panzer!, pp.169–170</ref>.
Liña 35:
 
=== Carros irmáns ===
Foron deseñadas e producidas dúas versións máis de combate do Panzer I entre [[1939]] e [[1942]]. Nesta etapa o concetoconcepto do deseño fora substituído polo dos carros medios e pesados, e non se fabricara ningunha variante en número suficiente como para ter un impacto real no progreso da guerra. Estes novos carros de combate non tiñan nada en común nin co Ausf. A e co B, agás polo seu nome<ref>Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 14</ref>. Un destes, o Panzer I Ausf. C, foi deseñado entre [[Krauss-Maffei]] e [[Daimler-Benz]] en [[1939]] para proporcionar un carror lixeiro de recoñecemento ben blindado e armado. O Ausf. C contaba cun chasis e unha torreta completamente novos, unha suspensión de barra de torsión moderna e cinco rodas intercaladas<ref>Franco, Panzer I, pp. 37–38</ref>. Tamén tiña unha bindaxe máxima de 30 milímetros, máis do dobre que o Ausf. A ou B, e estaba armado cun semi-autocanón EW 141 de 20&nbsp;mm, cun tambor de 50 proxectís. Fabricáronse corenta destes carros, cinto con sei prototipos. Dous vehículos despregáronse coa 1ª División Panzer en [[1943]], e os outros 38 co LVIII Corpo de Reserva Panzer durante o [[desembarco de Normandía]]<ref>Franco, Panzer I, p. 38</ref>.
 
O segundo vehículo, o Ausf. F, era tan distinto do Ausf. C como o foi tamén dos Ausf. A e B. Coa intención de ser un carro de combate de apoio á infantería, o Panzer I Ausf. F tiña unha bindaxe máxima de 80 milímetros e un peso entre as 18 e as 21 toneladas<ref>Perrett, German Light Panzers, pp. 6–7. Perrett fala dun peso de 18 toneladas, aínda que Franco di que pesaba 21.</ref>. O Ausf. F estaba armado con dúas MG-34 de 7,92&nbsp;mm. Fabricáronse 30 unidades en [[1940]], e unha segunda orde de 100 foi posteriormente cancelada. Para compensar o incremento de peso usouse un novo motor de 150 cabalos Maybach HL45 Otto, permitíndolle unha velocidade máxima en estrada de 25 quilómetros por hora. Oito dos trinta carros fabricados foron enviados á 1ª División Panzer en [[1943]] e combateron na [[batalla do Kursk]]. O resto foron entregados a varias escolas do exército para adestramento e avaliación<ref>Franco, Panzer I, pp. 38–39</ref>.