Teoría do floxisto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *conceto e outros
Liña 1:
A '''teoría do floxisto''' é unha [[teoría científica]] xa substituídasuperada, cuxo postulado principal é a existencia dun [[Elemento químico|elemento]] tipo [[lume]] chamado floxisto, que estaría contido dentro de corpos combustíbeis e que se liberaría durante a combustión. O nome provén do [[grego antigo]] φλογιστόν ''phlogistón'' (queimado), desde φλόξ ''phlox'' (chama), e significa inflamábel. En 1667, [[Johann Joachim Becher]] fixo unha primeira aproximación ao concetoconcepto, que foi desenvolvido polo químico e médico alemán [[Georg Ernst Stahl]] en 1703. Segundo Stahl, os corpos combustíbeis posuirían un material chamado floxisto, que se liberaría ao aire durante os procesos de [[combustión]] (material orgánico) ou calcinación ([[Metal|metais]]). A teoría intentou explicar procesos como a combustión e [[Oxidorredución|oxidación]].
 
== A teoría segundo Stahl ==
Liña 5:
[[Georg Ernst Stahl|Stahl]] desenvolveu a teoría do floxisto a partir dunha adaptación da teoría dun dos seus mentores, [[Johann Joachim Becher]]. En 1667 Johann Joachim Becher editou o libro ''Physica subterranea'', onde presentou unha teoría sobre os [[Elemento químico|elementos]], na que consideraba tres tipos de terras diferentes: ''terra mercurialis, terra lápida e terra pinguis''. Segundo Becher o ''pinguis'' terrestre estaba presente en materiais combustíbeis, e era liberado cando estes materiais ardían.
 
Nese momento a noción de [[Elementoelemento químico|elemento]] era diferente da noción actual. Varias teorías sobre os elementos presentáronse no tempo de Stahl, todas as variantes da teoría orixinal de [[Empédocles]], segundo a cal había cinco elementos: [[Ar (atmosférico)|aire]], [[auga]], terra, [[lume]] e [[éter]].
 
Stahl fixo este troco logo de establecer que a combustión de materiais orgánicos coma a [[madeira]] ou o [[carbón]] e a calcinación dos metais seguen o mesmo proceso. Esta observación debeu estar influída polo feito de que Stahl estudou coidadosamente os procesos empregados na [[metalurxia]]. Stahl considerou que cando un material se queimaba, sofría corrosión ou se calcinaba, perdía o seu floxisto: canto máis combustíbel é un material, máis floxisto libera na [[combustión]].
Liña 11:
Stahl estableceu dúas diferenzas entre a combustión de [[Material|materiais]] como a madeira ou o carbón e a calcinación dun metal. A calcinación dun metal, a diferenza da combustión da madeira, é un proceso lento e reversíbel. Stahl confirmou que é posíbel reverter o proceso de calcinación e recuperar o metal da súa cal (agora denominado óxido). Considerou que isto era así porque a cal do metal reabsorbía o floxisto liberado por material combustíbel, coma o carbón.
 
A teoría de Stahl foi aceptada na comunidade científica en xeral, xa que presentou a primeira explicación dos fenómenos químicos. Esta teoría permitía explicar varios fenómenos observados, como a perda de masa na combustión dun material (por perda de floxisto), a imposibilidade dun combustíbel prade arder sen presenza de aire (xa que o aire é necesario para absorber o floxisto liberado), o fin dunha combustión, e a morte dun pequeno animal nun recipiente pechado (ambos por saturación do aire con floxisto).
 
== Refutación ==
Aínda que algúns químicos da época foron fascinados pola teoría e durou ata finais do século XVIII, foi entón fortemente atacada por diversos químicos. A teoría do floxisto foi sendo posta en dúbida, porque, mentres que no caso da combustión de compostos orgánicos existía a perda de masa, non acontecía o mesmo no caso dos metais. Segundo a teoría, os metais deben perder o floxisto cando se expoñen ao quentamento, máismais segundo os propios defensores da teoría, ao final gañaban peso. [[Lavoisier]] foi un dos científicos que comprobaron este feito a través das súas experiencias (presentadas en 1772) sobre a calcinación do [[Fósforo (elemento)|fósforo]] e do [[xofre]]), o que lle levou a reflexionar sobre o floxisto.
 
Este feito non era un problema para Stahl, que consideraba o floxisto coma unha esencia, que non necesariamente tiña masa. Stahl considerou que o floxisto era unha especie de esencia que podía fluír entre os materiais.
Liña 20:
Lavoisier estivo moitos anos tentando derrubar definitivamente a teoría do floxisto, pero só co descubrimento accidental do [[osíxeno]] feita por [[Joseph Priestley]] (nomeado "aire defloxisticado") en 1774, conseguiuse desmontar a teoría do floxisto. Dous anos antes da visita de Priestley en 1772 declarara que estaba preparado para provocar unha revolución en física e [[química]]. A diferenza de Priestley, deuse conta de que o "aire defloxísticado" non era un elemento, senón un compoñente do aire que buscaba. Con iso, Priestley solventaba o problema do elemento perdido.
 
A través de investigacións que repetiron os experimentos de Priestley entre os anos 1775 e 1780, Lavoisier ficou convencido de que o aire de [[Joseph Priestley|Priestley]] era o principio activo da [[atmosfera]]. Ao realizar varios experimentos, Lavoisier demostrou que o aire contén 20 por cento de [[osíxeno]] e que a combustión débese á combinación dunha substancia combustíbel con osíxeno. Tamén se probou o seu papel na [[Respiración pulmonar|respiración]].
 
En 1789, Lavoisier bautizou a substancia decomo ''osíxeno'', un nome que provén do [[Lingua grega|grego]] e significa "formación de ácido", porque naquel intre críase que todos os [[Ácido|ácidos]] contiñan osíxeno, feito que após amosouse incerto.
 
==Véxase tamén==