Pop rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
convertir > converter
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *séptima
Liña 15:
 
== Definicións ==
O pop rock ten sidofoi descrito como unha "variedade alegre da música rock representada por artistas como [[Elton John]], [[Paul McCartney]], [[Rod Stewart]], [[Chicago (grupo musical)|Chigago]] e [[Peter Frampton]]"<ref>L., Starr and C. Waterman, ''American Popular Music'' (Avale, 2ª ed): http://www.us.oup.com/us/companion.websites/019530053X/studentresources/chapter11/key_terms/</ref>. Polo contrario, o crítico musical George Starostin defíneo como un subxénero da música [[pop]] que usa cancións pegadizas baseadas principalmente nas guitarras. Starostin di que a maior parte da música que tradicionalmente é chamada '[[power pop]]' vén do pop rock. El afirma que o contido lírico do pop rock é "normalmente secundario á música"<ref>http://starling.rinet.ru/music/zstyles.htm</ref>.
 
O crítico Philip Auslander di que a distinción entre pop e rock é máis pronunciada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que no [[Reino Unido]]. Afirma que nos Estados Unidos o pop ten raíces nos [[crooner]]s brancos como [[Perry Como]], mentres que o rock vén de formas musicais afroamericanas como o [[rock and roll]]. Auslander sinala que o concetoconcepto do pop rock que mestura pop e rock contradí a típica concepción de ámbolos dous xéneros como opostos. Auslander e outros estudosos, como Simon Frith e Grossberg, argumentan que a música pop adoita ser representada como unha forma de entretemento non auténtica, cínica, comercial e estereotipada. Polo contrario, a música rock adoita ser considerada como unha forma auténtica, sincera e anticomercial, e fai énfase nas composicións, na virtuosidade e na conexión real coa audiencia<ref>P. Auslander, ''Liveness: Performance in a Mediatized Culture''</ref>.
 
A análise da historia da música popular entre os [[Década de 1950|anos 50]] e [[Década de 1980|80]] de Simon Frith ten sido criticada por B. J. Moore-Gilbert, que argumenta que Frith e outros expertos sobreenfatizaron o papel do rock na historia da música popular ao nomear cada xénero novo usando o sufixo "rock". Así, cando un estilo de música orientado ao [[folk]] desenvolveuse nos [[Década de 1960|anos 60]], Frith denominouno "[[folk rock]]", e os estilos infundidos polo pop dos [[Década de 1970|anos 70]] foron chamados "pop rock". Moore-Gilbert afirma que este enfoque coloca inxustamente o rock no cumio e fai que todas as demais influencias se convertan nun complemento do rock<ref>B. J. Moore-Gilbert, ''The Arts in the 1970s: Cultural Closure?'' (Routledge, 1994), p. 240, ISBN 0-415-09906-4.</ref>.