Armoracia rusticana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
 
== Descrición ==
É unha herba perenne, glabra (sen pelos), de [[raíz (botánica)|raíz]] axonomorfa (con raíz principal), grosa, máis ou menos carnosa. Talos de 60–100&nbsp;cm de altura, foliosos, asucados, fistulosos, ergueitos, ramificados na metade superior. [[Folla]]s basais en rosetas, longamente [[peciolo|pecioladas]] con pecíolo groso, asucado, de ata 60&nbsp;cm de lonxitude, prolongado polo envés foliar; limbo (20)30-45 por 6-12(16) cm, oval ou oblongo, rara vez oblongo cun estreitamento no centro ao xeito dunha guitarra, atenuado ou cordado na base, obtuso, irregularmente crenado, con nervadura secundaria reticulada. Follas caulinares de ata 10(15) cm, que van sendo menores cara ao ápice, de pecíolo curto ou nulo. [[Flor]]es en [[acio]]s de ata 40&nbsp;cm na frutificación, sen [[bráctea]]s, corimbiformes e densos na [[antese]] (período de floración), moi alongados na frutificación. [[Pedicelo]]s de ata 15&nbsp;mm na frutificación, finos, erectos ou erecto-patentes. [[Sépalo]]s erectos ou erecto-patentes, con marxe membranácea, non xibosos na base, de 2–3&nbsp;mm, ovais, arqueados, verdes. [[Pétalo]]s brancos, obovados, de 5–7&nbsp;mm, de uña indiferenciada. [[Estame]]s en numéro de 6 con [[antera]]s amarelas. 2 [[nectario]]s laterais , anulares ou semianulares. [[Estilo (botánica)|Estilo]] de preto de 0,5&nbsp;mm, con estigma capitado. [[Froito]]s en [[silicua|silículasílicua]] latisepta, obovoidea ou elipsoidea, de valvas máis ou menos lisas, sen nervio medio visible. [[Semente]]s dispostas en dúas ringleiras en cada lóculo, lisas, ápteras, sen [[endosperma]] (cáracter importante da familia [[Brassicaceae]]) e cos 2 [[cotiledón]]s aplicados un contra outro (acumbentes). Ten un número de [[cromosoma]]s de 2n = 32 .<ref name = FLIB>[http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/04_072_21_Armoracia.pdf ''Armoracia'' en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid]</ref>
 
== Distribución e hábitat ==