A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 286:
|}
 
A pesar de que case a metade da poboación da Coruña naceu no propio municipio (48,2% e 117&nbsp;588 habitantes), hai unha porcentaxe importante de residentes nados noutras localidades da [[provincia da Coruña|provincia]] (22,2 % e 54&nbsp;081 habitantes) e doutras provincias galegas (10,8 % e 26&nbsp;363 habitantes). Unicamente o 8.2 % da poboación da Coruña naceu noutra comunidade autónoma, o que supón 19&nbsp;992 habitantes, mentres que o 10,6 % restante da poboación naceu no estranxeiro. Son precisamente os cidadáns estranxeiros os que nos últimos anos fixeron aumentar o padrón da capital coruñesa. O efecto da inmigración afecta igualmente á súa área metropolitana, que viu como o censo de estranxeiros aumentaba nos últimos anos.<ref name=panorama>[http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/02/07/0003_7513600.htm?idioma=galego A Coruña aumenta o seu padrón grazas á poboación estranxeira]</ref> Porén, dende 2012 o número de habitantes nado no estranxeiro permanece estable: 25&nbsp;609 en 2012, 26&nbsp;059 en 2013 e 25&nbsp;767 en 2014.<ref>[{{Cita web |url=http://ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/PanoramaConcellos/02_Poboacion%2Fgl%2FPanoramaConcellos%2F02_Poboacion.html |título=Panorama dos sete grandes concellos. Poboación] |data-acceso=16 de xuño de 2019 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170706140555/http://ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html%2Fgl%2FPanoramaConcellos%2F02_Poboacion.html |dataarquivo=06 de xullo de 2017 |urlmorta=si }}</ref>
 
En 2015 residían na cidade da Coruña un total de 25&nbsp;846 estranxeiros, dos cales a meirande parte eran orixinarios de [[América]] (cun total de 15&nbsp;828 habitantes, principalmente de [[Sudamérica]] e en especial de [[Venezuela]] e [[Arxentina]]) e por detrás outros cidadáns [[Europa|europeos]] (7092 habitantes, principalmente cidadáns doutros países da [[Unión Europea]], salientando os 1155 cidadáns [[Reino Unido|británicos]]). Moi por detrás están os cidadáns [[África|africanos]] (2044 habitantes, principalmente de nacionalidade [[senegal]]esa, con 804 habitantes), os [[Asia|asiáticos]] (840 habitantes, case todos [[República Popular da China|chineses]] —489 —) e finalmente os cidadáns de [[Oceanía]] e os apátridas, que apenas xuntan entre os dous 42 habitantes.<ref name=panorama/>