Diferenzas entre revisións de «Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga»

Antes de escapar do Porto cara a América, Elisa e Marcela transformáranse nunha familia, pois Marcela dera a luz unha nena o 6 de xaneiro de 1902.<ref name="ElPais2">{{cita publicación periódica| apelidos= Belinchón | nome= Gregorio | título= El primer matrimonio de lesbianas en España, nueva película de Isabel Coixet | editorial= El País | data= 6 de febreiro de 2010 | url = https://elpais.com/cultura/2018/02/06/actualidad/1517913640_851858.html |dataacceso= 17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Subiron entón nun barco cara á [[Arxentina]], coma tantos outros galegos da época, onde pasaron a lúa de mel e, finalmente, ficaron a vivir.<ref>{{Cita novas|autor=Xosé Manuel Pereiro|data=2002-05-09|xornal=El País|título=Efeméride parroquial|url=https://elpais.com/diario/2002/05/09/agenda/1020895204_850215.html|lingua=es|issn=1134-6582|data-acceso=2018-07-06}}</ref> O desembarco en Buenos Aires, ese mesmo ano non foi doado. Traballaron como criadas durante un ano, mais o salario non daba para manter unha familia,<ref name="Público2"/> polo que tiveron que recorrer a novas estratexias para superar as circunstancias que impuñan a separación. Para iso Elisa, que nese país se indentificaba como María Sánchez Loriga, casou en 1903 co dinamarqués Christian Jensen, un home vinte e catro anos máis vello ca ela, para aposentarse nun fogar ao que facer chegar despois a Marcela, baixo a identidade de Carmen, como se fose a súa irmá, e a súa filla.
 
Co tempo e a negativa de Elisa (María) a consumar o matrimonio co seu home, xurdiron as sospeitas deste, o que o levou a pescudar e descubrir que María e Carmen eran efectivamente as célebres Elisa e Marcela das que tempo atrás informara a prensa.<ref name="Público"/> Víronse de novo enfrontadas aos tribunais ao tratar Jensen de anular o seu matrimonio. A sentenza ditaminou que o matrimonio si era válido por realizarse entre un home e unha muller, polo que non houbo cargos contra Elisa (María). Neste momento (1904) pérdesellesperdéuselles a pista. Algúns veciños de Dumbría espallaron un rumor, varios anos despois, sobor do falecemento de Elisa e o posterior casamento de Marcela cun home.<ref name=Galicia>{{Cita web| autor = Carlos Fernández| título = La primera boda sin hombre| publisher = La Voz de Galicia| data = 8 de xuño de 2001| url = https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2001/06/08/primera-boda-hombre/0003_603476.htm| accessdate = 09-06-2018}}</ref>
 
En 2018 unha muller arxentina considerou a posibilidade de que a súa bisavoa fose Marcela Gracia Ibeas.<ref>{{Cita novas|título=Unha muller arxentina descobre á súa bisavoa a través do filme "Elisa e Marcela"|data-acceso=6 de xuño de 2019|data=5 de xuño de 2019|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/96118-muller-arxentina-descobre-bisavoa-traves-filme-elisa-marcela|xornal=[[Galicia Confidencial]]}}</ref>
37.634

edicións