Abrir o menú principal

Cambios

=== Os sucesos de outubro de 1934 ===
{{Artigo principal|República Catalá}}
Ao longo do ano 1934 impulsou a polémica [[Lei de contratos de cultivo]], que o enfronta cos grandes propietarios e co Goberno español. O [[6 de outubro]] de 1934 é o protagonista nunha sublevación contra a legalidade republicana a raíz da entrada no goberno da República da [[Confederación Española de Derechas Autónomas]] ([[CEDA]]) e proclama o [[República Catalá|Estado Catalán]] dentro da [[Segunda República españolaEspañola|República Federal Española]] desde o balcón do [[Pazo da Generalitat de Cataluña|Pazo da Generalitat]], feito polo cal sería encarcerado con todo o seu goberno, mentres o [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932]] é suspendido. O Goberno catalán foi detido en pleno por tropas dirixidas polo comandante-xefe da cuarta división orgánica, o [[Domènec Batet i Mestres|xeneral Batet]]. Companys foi encarcerado primeiro no buque ''Uruguay'', fondeado no porto de Barcelona, e máis tarde trasladado a Madrid, onde foi xulgado e condenado, xunto con todo o [[Generalitat de Cataluña|Goberno catalán]], a trinta anos de reclusión maior. Posteriormente sería trasladado ao penal de [[Puerto de Santa María]] ([[Cádiz]]). Estes feitos coincidiran con a [[folga xeral]] revolucionaria convocada en toda España e mais coa insurrección asturiana propulsada pola [[Unión General de Trabajadores|UXT]] e a [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] en [[Asturias]]. Permaneceron detidos e en cadea ata a vitoria electoral da [[Fronte Popular]] nas eleccións de febreiro do [[1936]].
 
=== Guerra civil ===
99.741

edicións