José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
Dedicouse tamén á [[oratoria]], destacando, aparte dos mitins que pronunciou en Sada, aquel que, xunto a outros representantes do movemento libertario galego, ofrecera na praza de touros da [[A Coruña|Coruña]] co gallo das primeiras sospeitas do alzamento.
 
=== A Guerraguerra Civilcivil e a represión ===
No comezo da guerra, José Monzo e [[Juan Antonio Suárez Picallo]] organizarán, xunto a [[José Púbul]], o alcalde [[Antonio Fernández Pita]] e o ex alcalde e galeguista [[Justo Rodríguez Pérez|Justo Rodríguez]], a resistencia contra as tropas franquistas. Mais pouco tardaría en caer a vila de Sada, o [[23 de xullo]], baixo a columna dirixidas por Oliete.
 
Monzo agocharíase, nun comezo, na súa propia casa, para máis tarde fuxir do acoso da [[Garda Civil]] e esconderse no faiado dunha amiga da familia. Finalmente ten que deixar Sada e cruzar a ría, agochándose en [[Miño]] e máis tarde nos illotes do Cabrón e Carboeira, situados fronte a [[Perbes, Miño|Perbes]] e [[Pontedeume]], respectivamente. A familia aproveitaba a súa condición mariñeira para levarlle provisións, mais finalmente enfermou e houbo regresar a [[Sada]], onde, o [[19 de xuño]] do [[1938]], optou por rematar coa vida antes de que llela arrebatasen os fascistas, aparecendo o seu cadáver na estrada de [[Fontán, Sada, Sada|Fontán]] e sendo soterrado no cemiterio do [[Fiunchedo]].
 
No ano [[2003]] o Concello de [[Sada]] decidiu darlle o seu nome á rúa na que viviu. No [[2007]], aparecería tamén na placa que un grupo de veciños situaron na devantita localidade en homenaxe ás vítimas da represión franquista.