Bobby Charlton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
en un > nun
Liña 49:
O [[5 de febreiro]] de [[1958]], o [[voo chárter]] que levaba os xogadores e o cadro técnico do United dende o [[aeroporto de Zemun]] ata [[Manchester]] parou na cidade de [[Múnic]] para repoñer. O tempo foi empeorando e, para cando a carga rematou, o avión tentou a engalaxe por dúas veces sen conseguilo, ao abortar o piloto as manobras por un ruído que non foi capaz de identificar. Os pasaxeiros tiveron que desembarcar de novo algo antes das tres da tarde e ás 3.04 minutos iniciábase a terceira engalaxe. [[Tommy Taylor]] e [[David Pegg]] pedíronlles a Charlton e a [[Dennis Viollet]] troca-los asentos, xa que se sentían máis seguros indo na parte de atrás do avión.
 
Por causa dunha racha de [[auganeve]] ao final da pista de engalaxe, o avión perdeu velocidade e foi bater contra unha casa e un camión de combustible. Rompeu á metade. Charlton, que estaba con cinto de seguridade no seu asento, saíu despedido cara fóra. Charlton sufriu cortes na testa en unnun severo [[shock]], polo que estivo unha semana no hospital. Sete dos seus compañeiros pereceron no accidente, incluídos Taylor e Pegg. O capitán [[Roger Byrne]] tamén morreu xunto con [[Mark Jones]], [[Liam Whelan|Billy Whelan]], [[Eddie Colman]] e [[Geoff Bent]]. [[Duncan Edwards]] faleceu dous días despois a causa das feridas. En total o sinistro cobrou 24 vidas.
 
O propio Charlton foi o primeiro supervivente en deixa-lo hospital. Volveu a Manchester o [[14 de febreiro]] de [[1958]], oito días logo do accidente. Durante un tempo estivo recuperándose cun equipo de xuvenís. Tiña só 20 anos e había unha grande expectación por saber se participaría na reconstrución do club. Nestas circunstancias, o United foi eliminado na Copa de Europa polo [[AC Milan]] en semifinais, e comezou a perder posicións na liga. De calquera xeito si chegaron á final de [[Copa de Inglaterra de fútbol]], onde saíron derrotados 2-0 polo [[Bolton Wanderers F.C.|Bolton Wanderers]].