Bonito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Sinónimos: Corrixín un error ortográfico
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
en un > nun
Liña 96:
Por iso nas enciclopedias e grandes dicionarios galegos achamos numerosas contardicións. Para a ''[[Gran enciclopedia galega Silverio Cañada|Gran enciclopedia gallega]]'', o ''bonito'' é a especie ''Germo alalunga''<ref>VV. AA. (1974): ''Gran enciclopedia gallega'', tomo IV. Gijón/Santiago: Silverio Cañada, Editor. ISBN 84-7286-039-6.</ref> —hoxe coñecida cientificamente como ''[[Thunnus alalunga]]''—, mentres que para o ''[[Diccionario enciclopédico galego universal]]'' é ''Sarda sarda''.<ref>VV. AA. (2003): ''DEGU. Diccionario enciclopédico galego universal''. Vigo: Ir Indo Edicións / La Voz de Galicia. Volume 10. ISBN 84-7680-439-3.</ref><ref>Curiosamente, segundo este dicionario, o '''bonito do norte''' (adaptación do castelán ''bonito del norte'') é o '''atún branco''' (tradución do castelán ''atún blanco'' que figura nas etiquetas das conservas da especie ''[[Thunnus alalunga]]'', que é o ''bonito'' ou ''atún'' máis apreciado), e que (case) todos os mariñeiros galegos (e moitos que non o son) denominan '''bonito''', a secas.</ref> Loxicamente, tamén é ''Sarda sarda'' para o ''Dicionario de galego'' de [[Ir Indo]],<ref>VV. AA. (2004). ''Dicionario de gelego''. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.</ref> Porén, para o ''Gran dicionario Cumio da lingua galega'', o ''Gran dicionario Século21 da lingua galega'' e máis o ''Gran dicionario Xerais da lingua galega'' o ''bonito'' é ''Thunnus alalunga''.<ref>VV. AA. (2004): ''Gran dicionario Cumio da lingua galega''. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-2889-304-1.</ref><ref>VV. AA. (2006): ''Gran dicionario Século21 da lingua galega''. Vigo: Editorial Galaxia/Edicións do Cumio. ISBN 84-8288-874-7 (Galaxia) / 84-8289-341-6 (Cumio).</ref><ref>VV. AA. (2009): ''Gran dicionario Xerais da lingua''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-4.</ref>
 
Segundo [[Ríos Panisse]], ''Sarda sarda'' coñécese como ''alistado'' en trece portos de Galicia, ''albacora'' en nove, ''bonito'' en seis , ''listado'' en tres, ''serra'' noutros tres, e ''bonito alistado'' en unnun ([[Abelleira, Muros|Abelleira]]). E para a outra "especie conflitiva", ''Germo alalunga'' (hoxe ''Thunnus alalunga''), recolleu o nome de ''bonito'' nada menos que en corenta e nove localidades costeiras (ademais de ''albacora'' en catro, ''mono'' —ao pequeno— en dezaseis, e ''surdo'' en dúas.<ref name=RP/>
 
Nas obras ictiolóxicas e terminolóxicas publicadas en galego dan, para ''Sarda sarda'', os nomes de ''alistado'',<ref name=RS/> ''bonito'',<ref name=RV/> e os de ''bontito do Atlántico'', ''bonito do norte'' e ''bonito de lombo raiado''.<ref name=LV>Lahuerta e Vázquez (2000)</ref>
Liña 111:
=== Bibliografía ===
* Argiles, Alfredo: "El pez errante", en ''El País'', 18.08.2007.
* [[Luís Daviña Facal|Daviña Facal, L.]] (1999): ''Lingua e ciencia''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-355-5. Artigos "¿Bonito, ou "Bonito do Norte?", pp.&nbsp;134–136, e "Alistados", pp.&nbsp;139–140.
* Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
* March, Lourdes (1993): ''La cesta de la compra''. Alianza Editorial, Madrid.
* Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): ''Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
* Nelson, Joseph S. (2006): ''Fishes of the World''. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
* Pivnicka, Karel e Cerny, Karel (1990): ''El gran libro de los peces''. Susaeta Ediciones, Madrid.
* [[Ríos Panisse|Ríos Panisse, M. C.]] (1977): ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces.'' Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
* Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): ''Guía dos peixes de Galicia''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
* Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): ''Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación)''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.