Lionel Messi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
en un > nun
Liña 55:
Ao inicio da tempada [[2006]]/[[2007]] Messi fixo goles moi importantes, como o do [[27 de setembro]] fronte ao [[Werder Bremen]], no segundo partido da fase de grupos da Champions league: a un minuto do final do tempo regulamentario, Messi materializou o empate. Mais, desgraciadamente, o [[12 de novembro]] fronte ao [[Real Zaragoza]] sufriu unha lesión no quinto [[metatarsiano]] que o deixou fóra do equipo de [[Frank Rijkaard]] e dos terreos de xogo durante varios meses.
Xa recuperado da súa lesión, volveu ás canchas o [[11 de febreiro]], e o [[10 de marzo]] de [[2007]] converteuse no heroe da xornada ao completar un ''[[hat-trick]]'' no empate 3-3 ante o [[Real Madrid]], disputado no [[Camp Nou]]. Co Barcelona sempre debaixo no marcador, Messi logrou a igualdade no minuto 90. Dende había doce anos ningún xogador marcaba tres goles no [[Derbi español|Clásico español]] (o último fora [[Iván Zamorano]] nun 5-0 para o Madrid) e trece dende que non o facía un xogador do Barcelona ([[Romário]] en unnun 5-0 para o Barça).
 
A tempada seguiu adiante e o Barcelona non conseguiu ningún título, porén sería a mellor tempada de Messi até ese momento xa que ficou marcada polo seu famoso gol na [[Copa do Rei de Fútbol|Copa do Rei]] ante o [[Getafe Club de Fútbol|Getafe CF]], comparado co [[Gol do Século]] de [[Diego Armando Maradona]]. Poucos días despois de que finalizase a competición ligueira, Messi foi elixido ''Mellor Xogador Iberoamericano da [[Primeira división española de fútbol|Liga Española]]''.