Toquio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
en un > nun
Liña 58:
Constantes bombardeos norte-americanos, coa segunda guerra mundial, en Toquio destruíron moito dela. Os bombardeos norteamericanos comezaron en [[1942]], e estenderanse ata o final da guerra. Os bombardeos máis pesados atinxiron Toquio en [[1944]] e [[1945]], destruíndo aproximadamente un terzo da cidade, e matando aproximadamente 150 mil persoas. Millóns de persoas decidiron abandonar Toquio. Esta tiña preto de 7.3 millóns de habitantes en [[1940]]; no final da guerra, a poboación caera á metade, para preto de 3.5 millóns.
 
Toquio foi novamente reconstruída despois do fin da guerra. Porén, esta reconstrución [[plan director|fíxose sen control]]. Predios e vías públicas foron simplemente construídas onde había espazo. Poucos anos despois da fin da guerra, Toquio novamente vibraba como un centro comercial, e a súa poboación comezou a crecer novamente. En unNun espazo de 15 anos, a poboación de Toquio triplicara, chegando a 9 millóns no [[1960]]. Este rápido crecemento eventualmente tornou a Rexión Metropolitana de Toquio a área urbana máis habitada do mundo. A provincia foi sede dos [[Xogos Olímpicos de 1964]].
 
En [[1966]], un [[plan director]] foi instituído en Toquio, co obxectivo de minimizar varios de seus problemas. Sistemas de metro e de trens foron expandidos, leis contra industrias poluidoras foron instituídas e mellorouse o sistema de saneamento básico. Moitos [[rañaceos]] foron construídos neste período. Para tentar reducir a superpoboación da rexión, o goberno xaponés incentivou a construción de novas cidades sub-urbanas, en torno de Toquio.