Melilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 65:
En [[1860]], co [[Tratado de Wad-Ras]], establecéronse os límites fronteirizos da cidade con [[Marrocos]], trazados ata onde alcanzaban os disparos do [[Canón (artillería)|canón]] do "Camiñante", segundo o estipulado en devandito tratado. Tres anos máis tarde creouse o [[porto franco]] e en [[1864]] as autoridades españolas permitiron o asentamento libre de persoas na cidade. A inmigración da pernínsula foi escasa ao principio pero comezou a tomar forza tras o fin da [[guerra de Margallo]] en [[1893]].
 
Durante o último terzo do [[século XIX]] e o primeiro do [[século XX]], Melilla foi escenario de intermitentes enfrontamentos que desembocaron no conflito da [[Guerra do Rif|guerra de Marrocos]]. As sucesivas batallas de [[Desastre do Barranco do Lobo|Barranco do Lobo]] en [[1909]] e de [[Desastre de Annual|Annual]] en [[1921]], causaron un grangrande impacto na opinión pública española e forzou a alianza militar entre España e [[Francia]] que permitiu a constitución do [[Protectorado español de Marrocos]].
 
O establecemento do protectorado tivo efectos moi positivos na economía da cidade, que se converteu na capital económica da parte oriental. A explotación das minas do [[Rif]] propiciou o desenvolvemento unha industria derivada destas e o tráfico de mercancías e a pesca aumentaron xunto cos beneficios derivados do aprovisionamento do exército.