Diferenzas entre revisións de «Bernardo Barreiro»

m
datiño
m (datiño)
Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no [[Arquivo Xeral de Simancas|Arquivo de Simancas]]. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina, onde redactou os estatutos do Centro Galego de Bos Aires e desempeñou o cargo de Presidente da Comisión de Instrución.
 
Os seus primeiros traballos apareceron en ''[[La Estrella Compostelana (1867)|La Estrella Compostelana]]'' e ''[[La Aurora de Galicia (1845)|La Aurora de Galicia]]''. Fundou e dirixiu o xornal ''[[La Revolución (1868)|La Revolución]]'' e a revista ''[[Galicia Diplomática]]'' (1882-1889), no que publica distintos traballos sobre a [[Inquisición española|Inquisición en Galicia]]. TaménFoi redactor de ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'' e colaborou en ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'', ''[[Gaceta de Galicia]]'', ''[[Revista Compostelana de Instrucción y Recreo]]'' e ''[[El Diario de Santiago]]''.
 
Unha rúa de Santiago ten o seu nome, ó carón do IES do Sar.
93.617

edicións