Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
de unha > dunha
Liña 35:
O reducionismo operou en todos os ámbitos da lingua reconstruída. No campo fonético, interesou quer o [[vogal|vocalismo]] quer o [[consoante|consonantismo]]. O sistema vocálico reconstruído polos neogramáticos prevía dez vogais (a/e/i/o/u, cada unha nas dúas variedades longa e breve), pero xa o suízo [[Ferdinand de Saussure]] na ''Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes'' ([[1878]]) criticou a pobre base comparativa de /a/; a eliminación de /a/ tería xerado, porén, un sistema e/i/o/u tipoloxicamente inaceptábel, polo que se propuxo unha diferente reconstrución do vocalismo na serie a/e/i/u, tipoloxicamente válida e rica en implicacións dialectolóxicas. Actualmente as dúas hipóteses - con cinco ou catro vogais - son as que obteñen maior consenso entre os indoeuropeístas; pouco seguimento tiveron as propostas de reducir as vogais a dúas (e/o, para o polaco [[Jerzy Kuryłowicz]] ou o español [[Francisco Rodríguez Adrados]]) ou mesmo a unha (para o francés [[André Martinet]])<ref>Villar, pp. 223-236.</ref>.
 
A atención da indoeuropeística estivo catalizada polo debate sobre a [[Teoría das laringais]], postulada xa por De Saussure no ''Mémoire'' e retomada polo danés [[Hermann Möller]], polo francés [[Albert Cuny]] e por Jerzy Kuryłowicz. Xa antes do descubrimento do hitita postulárase a presenza de tres fonemas [[laringal|laringais]] (/h<sub>1</sub>/, /h<sub>2</sub>/, /h<sub>3</sub>/) responsábeis dalgunhas anomalías no vocalismo indoeuropeo, pero tal hipótese, fundada sobre a reconstrución interna e non sobre o método comparativo posto que non había testemuño de tales fonemas, encontrou ao principio amplas resistencias. Foi o testemuño do hitita, que efectivamente presenta este tipo de sons, o que despexou a estrada á afirmación da teoría, na formulación xeralmente compartida do francés [[Émile Benveniste]] (''Le vocabulaire des institutions indo-européennes'', [[1969]]). Un éxito menor tiveron as propostas dun número distinto de laringais, de unhadunha a dez; restan porén neste ámbito algúns puntos sen resolver, quer sobre o número de sons, quer sobre a súa realización fonética efectiva<ref>Villar, pp. 241-248; Watkins, pp. 57-60.</ref>.
 
O paradigma neogramático prevía para as [[oclusiva]]s cinco ordes ([[labial]], [[dental]], [[velar]], [[palatal]] e [[labiovelar]]) e catro series ([[Consoante sonora|sonora]], [[Consonante xorda|xorda]], [[sonora aspirada]], [[xorda aspirada]]), cun total de vinte fonemas. Tamén neste caso o afán reducionista vén de De Saussure, e levou a Kuryłowicz a excluír do inventario as xordas aspiradas; tamén as ordes foron obxecto de reducionismo, coa boa acollida da exclusión das palatais proposta polo francés [[Antoine Meillet]]. O sistema que resulta (sonora/xorda/sonora aspirada) presenta con todo graves inconvenientes tipolóxicos, aos cales a indoeuropeística buscou unha solución postulando a [[Teoría das glotais]]. Elaborada en modo independente polo francés [[André-Georges Haudricourt]], polos soviéticos [[Vjačeslav Vsevolodovič Ivanov]] e [[Tamaz V. Gamkrelidze]] e polo estadounidense [[Paul J. Hopper]], tal hipótese fornécelle ao indoeuropeo un sistema de oclusivas sonora/xorda/xorda [[Consoante glotal|glotalizada]] tipoloxicamente aceptábel, introducindo porén novas dificultades aínda obxecto de elaboración por parte da disciplina<ref>Villar, pp. 248-262; Watkins, pp. 52-55.</ref>.