Abrir o menú principal

Cambios

m
Ligazóns
 
== Traxectoria ==
More entrou na corte de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] en [[1520]], converténdose en cabaleiro ao ano seguinte. Fixo carreira como avogado. Como académico foi inicialmente un [[Humanismo (filosofía)|humanista]] no sentido consensual do termo. Foi un grande amigo de [[Erasmo de Róterdam]], que lle dedicou o seu "In Praise of Folly"—a palabra "folly" é Moría en grego. As relacións posteriores entre os dous tornáronse acedas unha vez que More se mantivese comprometido co conservadorismo relixioso mentres que Erasmo tentou probar aquilo que viu como falacias[[falacia]]<nowiki/>s atrincheiradas da doutrina [[Catolicismo|católica]]. More foi o autor de varios longos - e por veces crueis - tratados atacando a "reformadores" relixiosos tan diversos como [[William Tyndale]], [[Christopher St. German]], [[Martiño Lutero]] e todos aqueles que cuestionasen calquera área de privilexio da igrexa, sexa espiritual, sexa temporal, como a primacía do [[dereito canónico]] sobre o [[dereito civil]].
 
A súa chancelaría (1529-32) distinguiuse por pouco máis que a súa persecución de herexes e dos seus traballos. O gran paradoxo da vida de More é o de ser un home que é hoxe visto como un libertador e un librepensador mais que foi igualmente (poderá ser argumentado, ao mesmo tempo) un [[Fanatismo|fanático]] relixioso.
 
== O divorcio de Henrique VIII ==
[[Thomas Wolsey]], [[Arcebispo]] de [[York]], fallou na súa tentativa de conseguir o [[divorcio]] e anulación que [[Henrique VIII]] pretendía e foi forzado a dimitir en [[1529]]. More foi nomeado chanceler no seu lugar, sendo evidente que Henrique aínda non se tiña apercibido da aversión de More nesta materia.
 
Sendo coñecedor do dereito canónico e sendo profundamente relixioso - ao punto de se ter autoflaxelado - More vía na anulación do [[Sacramento (relixión)|sacramento]] do casamento unha materia da xurisdición do [[Papa|papado]], e a posición do [[Clemente VII, papa|Papa Clemente VII]] era claramente contra o [[divorcio]].
 
A reacción de Henrique foi colocarse a si mesmo no liderado da Igrexa en Inglaterra e o sacerdocio foi requirido a someterse ao [[Acto de Supremacía]] declarando o soberano como o xefe da Igrexa. More, como leigo, non tiña de se someter a este xuramento, mais dimitiu da chancelaría o [[16 de maio]] de [[1532]], preferindo non servir ao novo réxime.
 
More escapou a unha tentativa inicial de o conectar cunha conspiración, mais en 1534 o Parlamento promulgou o Decreto da Sucesión, que incluía un xuramento recoñecendo a lexitimidade de calquera cativo nacido do casamento de Henrique VIII con [[Ana Bolena]], e repudiando "calquera autoridade estranxeira, príncipe ou potentado". Tal como no xuramento de supremacía, isto non se lle requiriu a todas as persoas, senón só a aquelas especificamente chamadas a facelo, noutras palabras, todos os funcionarios públicos e aqueles sospeitosos de non apoiar a Henrique.
 
=== Aprisionamento e execución ===
 
== Obras ==
A súa máis famosa obra é ''[[Utopía (libro)|Utopía]]'' (cerca de 1516), na cal el creou unha illa-reino imaxinaria na que algúns académicos modernos viron o oposto idealizado da [[Europa]] do seu tempo e outros unha [[sátira]] da mesma Europa. Un dos aspectos das obras de More é que nelas frecuentemente se usa unha [[alegoría]], ben dunha asumida voz do autor (como no ''Diálogo do confort'', unha conversa entre tío e mais sobriño) ou ben están altamente estilizadas ou ambos. Isto, xunto coa falta dunha dirección clara de More en canto ás súas ideas - por razóns que se tornarán obvias - significa que é posíbel argumentar practicamente calquera visión de calquera das súas obras.
 
{{Control de autoridades}}
8.499

edicións